Skip to Content

Educación Infantil

SEMANA DO LIBRO.

Co gallo do concurso de contos de Cerdido, estreamos os nosos dados de crear historias. Así, fixemos varios intentos ata que finalmente obtivemos o resultado que máis nos gustou. Así, cada dado ten unhas imaxes coas cales, e cun pouco de imaxinación, creamos a historia.

 

 

E moito máis...ABN

RECONTO DE TAPÓNS

Como xa comentamos en noticias anteriores, a recollida de tapóns, supuxo para nós un importante traballo extra moi aproveitable. Así, primeiramente realizábamos estimacións "cantos tapóns creedes que temos?"

Posteriormente, agrupamos os tapóns en decenas para que o conteo fose un pouquiño máis fácil.

    

Finalmente, facemos reconto das decenas que dispoñemos e intentamos realizar o cálculo (aínda necesitamos un pouco de axuda, pero todo se andará... Risa)

 SEMÁFORO

Durante o derradeiro trimestre do curso, e posto que nos costaba moito falar nun tono "normal", decidimos rescatar o semáforo do comedor que xa non se empregaba e intentar regular o volumen da nosa fala. O que nós non sabíamos, é que o que comezou sendo unha simple estimulación para non berrar, acabou sendo outra actividade máis de ABN. Así, ó longo da semana rexistrábamos a cantidade de puntos vermellos que tiñamos e se o venres o número era "menor que" cinco conseguíamos unha cariña feliz. Porén, se o número era "maior que" dez a cariña triste era para todo o grupo. Así, traballamos o conteo, así como o maior que, menor que...

                                                       

 CADRANTE DO CEN.

Pouco a pouco, incluímos na clase o traballo co cadrante do cen adaptado ós diferentes niveis. Así, buscamos números, familias, amigos e pandillas. Investigamos tamén sobre anteriores e posteriores, así como ó número que chegaríamos se fixéramos tres "pasitos". Montamos o cadrante como se dun puzzle se tratase, fixemos crucinúmeros e realizamos o noso propio cadrante...CASE NADA!!!

   

QUEN TEN O APELIDO MÁIS LONGO?

Levábamos un tempo debatindo sobre cal era o neno ou nena da clase que tiña o apelido máis longo, pois ben...MANS Á OBRA!!!

Primeiramente realizamos unha estimación sobre cal dos dous apelidos que tiñamos era o que máis letras tiña, estimación que posteriormente comprobamos, aínda que todos e todas estábamos no certo.

   

Así que, a escribir todos aqueles apelidos máis longos de cada un dos nenos e nenas da clase e da profe....tamén Vergoña. Realizamos novamente unha estimación, cal creedes que é o que máis letras ten?

Finalmente, contamos as letras para comprobar as nosas estimacións e...

OUTRAS ACTIVIDADES.

                                                                          CONTEO                                                                                          

 

 

                                                                                      SERIE NUMÉRICA.

                                                                     BALANZA E COMPLEMENTARIOS DO 10.

                      

 

De todo un pouco.

Aproveitando que en marzo tivemos varios cumpreanos e que a ocasión ben o merecía, decidimos facer diferentes recantos de traballo na aula. Así, empregamos dúas sesións nas cales cada un dos grupos debía pasar por cada recuncho e facer as tarefas que nel se pedían.

RECANTO 1: Programar a abella Bee Boot. Así, eles mesmos escolleron o taboleiro no que querían traballar, a meta a que querían chegar, o itinerario a seguir e os turnos á hora de programar.

RECANTO 2: Manexo do MBOT RANGER. Como aínda é algo novidoso para nós, a tarefa consistía únicamente en desfrutar co robot e aprender a manexar a aplicación vinculada ó mesmo. Así, controlamos o MBOT como se fose un coche teledirixido, observamos as luces, os sons, tocamos as nosas propias melodías no piano, debuxamos os itinerarios e descubrimos o detector de obstáculos.

 

RECANTO 3: Mesa de luz. A finalidade da mesa era realizar as súas propias representacións artísticas cos materiais dos que dispoñían e explorar e experimentar coa luz, as sombras e as cores.

 

 

 

RECANTO 4: Policubos. Debían ser capaces de montar as diferentes columnas atendendo ó número que marcaba cada círculo e...vaia se foron capaces!!!

 

 RECANTO 5: Cadrante do 100. Continuamos intentando completar os cen números aínda que, nesta ocasión, cunhas pezas diferentes.

 

Ó fío deste último recanto, non podía deixar escapar a oportunidade de colgar estas fotografías no recanto de xogo de ABN unha tarde calquera.

CON MOITA PACIENCIA E TRABALLO EN EQUIPO......CONSEGUíRONO!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut