Skip to Content

Educación Infantil

SEMANA DO LIBRO

Xa que nos atopamos na semana do libro, ahí van unhas propostas de actividades para conmemorar esta data:

 

PROPOSTA 1:

Vamos a intentar reproducir dun xeito caseiro a portada dun libro ou conto que vos guste, caracterizándovos dalgún personaxe ou tentanto repetir a portada pero con cousas que teñades pola casa. Igualmente, se non se vos ocorre ningunha portada ou como facela, simplemente podedes representar algunha escena dalgunha historia que vos guste. Sacades foto e compartides coa profe.

 

PROPOSTA 2:

Eleximos un conto que nos guste ou que sepamos contar e o reproducimos para os nosos compañeiros e compañeiras. Podedes facelo cun vídeo e compartilo por drive na miña dirección de correo de gmail (está nas anotacións de abaixo). Despois podemos subilos a youtube para que os demáis podan velo (se compartides o vídeo entendemos que temos permiso para publicalo polas redes sociais).

 

PROPOSTA 3:

Baía Edicións pon á vosa disposición varios títulos para ler de forma gratuíta e dende os 4 aos 12 anos. Pica AQUÍ e desfruta de títulos como: "Nube Branca quere ser astronauta" de Pablo Nogueira e Manuel Uhia, a "Casa máis animada do mundo" de Cristina Sáez e Almudena Aparicio ou "O tempo do revés" de María Solar, Arturo Iglesias e  Xosé Tomás. 

 

PROPOSTA 4:

Facemos un rexistro dos libros que vaiamos lendo durante a cuarentena. Debemos facer unha lista e apuntar:

1. Día que de lectura.

2. Título do conto.

3. Número de páxinas.

4. Carita feliz se me gustou ou triste se non.

Xa veredes cantos sodes capaces de ler en todo este tempo.

 

PROPOSTA 5:

Escribimos o noso nome con materiais que teñamos pola casa. Velaquí tedes algúns exemplos dalgunha letra.

 

PROPOSTA 6:

A agrupación teatral Ghazafellos comparte esta obra de RUBICUNDO. Que a desfrutedes!

 

Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos Risa!!!!

ANÍMADEVOS!!!!

VOLTAMOS!!!

Xa estamos de volta por estes lares. Así que ahí vai unha pequena listaxe de ideas para facer ó longo desta semana.

 

PROPOSTA 1:

Vamos a retomar a idea das receitas de cociña, tan extendidas nesta época polas redes. A idea é a seguinte:

1. Consensuades unha receita entre toda a familia, e digo negociades, porque os pequenos e pequenas deben facer a maior parte da mesma, así que non pode ser moi complexa. Igualmente, priorizamos as comidas máis saúdables.

2. Apuntamos a receita nun folio (que o fagan os nenos e nenas, senón saben escribir, poden copiar).

3. Escribimos unha lista da compra, o cal supón saber se temos algún ingrediente na casa, se a cantidade que temos chega, se necesitamos algo máis...(sobra dicir, que tamén poden facelo eles coa vosa axuda).

4. Facemos unha estimación do que pode costarnos (axudade ós pequenos e pequenas a redondear os prezos). Canto necesitamos para pagar? Cantas moedas son? Cantos billetes?

5. Elaboramos a receita. Parece fácil pero debemos lembrar os ingredientes, pesalos, seguir os pasos detalladamente...

6. Sacamos fotos e pasámosllas a profe para que morra da envexa Vergoña.

7. A comer!!!!

 

PROPOSTA 2:

Decoramos unha maceta. Como escoitades!!! Con materiais de refugallo ou simplemente con pinturas. Que voen esas imaxinacións!!! Velaquí tedes algunhas ideas:

 

E xa se plantades algo e colaboran no seu coidado, sería xenial!!!!

 

PROPOSTA 3:

Deixovos cun vídeo que empregamos na aula para o recoñecemento dos sons de cada letra. Como vedes, cada un ten asociado un xesto que tamén realizamos cando se nos complica un pouco recoñecer o fonema simplemente co seu son.

Podedes empregar os sons e os xestos para escribir algunhas palabras cos pequenos/as. Respetade os posibles erros que podan cometer, axudándoos no seu avance e corrección pero sen presas, son etapas da lecto-escritura e deben pasar por todas. Isto é como camiñar, a ninguén se lle ocorrería soltar a un bebé das mans se sabe que vai caer e é un proceso que dura moitos meses. Pouco a pouco, non hai prisa, todos chegan ó mesmo punto antes ou despois, o importante é que cheguemos ben fortes e motivados para continuar.

Probade a escribir nomes de bichos, por exemplo. E falando deles, deixovos tamén uns vídeos que víamos na aula sobre o tema, se a cousa segue alongándose así, retomaremos o tema do proxecto nas vosas casas, que vos parece?

 

 

 

Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos Risa!!!!

ANÍMADEVOS!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut