Skip to Content

Educación Infantil

Científicos na Barqueira.

Outro Xoves máis, e un día de experimentos para a nosa bagaxe persoal. Así, na nosa segunda sesión máis científica, realizamos unha investigación desas que nos leva moito tempo. Por isto, e aproveitando a grande cantidade de elementos de outono que temos na aula, utilizamos uns materiais que trouxeron dous dos nosos pequenos. Ó principio non tiñamos nin idea de que era esa "cousa verde", pero pronto....PUXÉMOSLLE NOME.

Porén, qué agocharían dentro? Así que....MANS A OBRA!!!! 

                                             

Unha vez con todas as fabas fora, qué faríamos con elas? 

Pois investigar, cómo non!!

Así que, contamos as fabas que tiñamos, como as íamos a repartir entre nove, canto medían si as colocabamos en fila (aquí é donde apareceu a cinta métrica nas nosas mesas Vergoña), localizamos os diferentes números que estabamos traballando...

                                 

 

                

Finalmente, decidimos "plantar" as fabas en vasos e situalas estratéxicamente de forma que unha tivese unha fonte directa de luz, outra na escuridade absoluta e unha terceira entre a luz e a penumbra. Investigamos sobre os coidados das plantas e sobre as necesidades de luz e agua que teñen.

Nesta liña, e como xa recordaredes, é un experimento similar ó que fixemos o ano pasado coas lentellas, pasará o mesmo?

Agora...tan só nos queda... esperar a ver que pasa Sorprendido

                                                  

 

Se nos saen ben as plantacións, temos pensado levar unhas landras para casa e plantalas en diferentes lugares, xa que íntimamente vinculado a este experimento límos o conto de "Xaime e as landras" e agora nós....TAMÉN QUEREMOS UN CARBALLO!!!

 

 

Experimentando

Sen dúbida algunha, o día dos experimentos é o noso día preferido da semana. Así, e á espera de rematar o período de adaptación dos máis peques....COMEZAMOS!!!

O primeiro día, tan só descubrimos un dos nosos novos materiais máis científicos... Porén, antes de utilizalo co seu fin orixinal, comezamos indagando estes materiais en tres grupos que iban rotando por cada un dos espazos da aula.  

ESPAZO 1: Creamos pócimas, para o cal tiñamos que coller os diferentes ingredientes con pinzas, favorecendo ó mesmo tempo a motricidade fina. Nesta liña, realizamos pócimas de todo tipo e algún mesmo presumía de elaborar unha menciña que curaba enfermidades Vergoña

         

ESPAZO DOUS: TRASPASO DE AUGA E CARREIRA DE AREA. Para isto, experimentamos con embudos, probetas e pipetas....O DA AUGA ENCÁNTANOS!!!

                                                

ESPAZO TRES: A BALANZA. Realizamos diversas hipóteses sobre o que pode pesar máis e menos con respecto a varios obxectos. Igualmente, intentamos conseguir o equilibrio entre dous elementos e....O CONSEGUIMOS!!!

                                 

 

Robótica canina

Seguimos inmersos no mundo da robótica, e nesta ocasión, utilizamos un taboleiro íntimamente vinculado ó noso proxecto de traballo da "Patrulla canina".

Porén, a cousa se nos vai complicando, e tiñamos algunha trampa, xa que non se podía pasar no noso percorrido por encima dos gatos Indeciso.

Aínda así, somos uns expertos na linguaxe computacional e na programación.

           

O outono chegou... ou non?

Chegara ou non, nós xa estamos traballando nunha das estacións máis bonitas do ano.

Para isto, comezamos facendo un mural ó máis puro estilo do outuno.

             

Fomos creando tamén na aula, un recanto con todas as cousas máis típicas desta estación. Porén, a súa organización levounos moito tempo, xa que clasificamos por tipos de elementos, contamos cantos tiñamos en cada grupo, clasificamos en grandes e pequenos, tocamos, ulimos, fixemos grupos de moitos/poucos (ó máis puro estilo ABN), verbalizamos as experiencias da recollida das cousas do outuno, agrupamos.... UNHA INFINIDADE DE ACTIVIDADES!!!!

Finalmente, puxémoslle a cada conxunto a etiqueta co seu nome...

   

                                               

Agora intentaremos realizar diversas actividades con todos estes materiais. Novamente....MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut