Skip to Content

Experimentando

Sen dúbida algunha, o día dos experimentos é o noso día preferido da semana. Así, e á espera de rematar o período de adaptación dos máis peques....COMEZAMOS!!!

O primeiro día, tan só descubrimos un dos nosos novos materiais máis científicos... Porén, antes de utilizalo co seu fin orixinal, comezamos indagando estes materiais en tres grupos que iban rotando por cada un dos espazos da aula.  

ESPAZO 1: Creamos pócimas, para o cal tiñamos que coller os diferentes ingredientes con pinzas, favorecendo ó mesmo tempo a motricidade fina. Nesta liña, realizamos pócimas de todo tipo e algún mesmo presumía de elaborar unha menciña que curaba enfermidades Vergoña

         

ESPAZO DOUS: TRASPASO DE AUGA E CARREIRA DE AREA. Para isto, experimentamos con embudos, probetas e pipetas....O DA AUGA ENCÁNTANOS!!!

                                                

ESPAZO TRES: A BALANZA. Realizamos diversas hipóteses sobre o que pode pesar máis e menos con respecto a varios obxectos. Igualmente, intentamos conseguir o equilibrio entre dous elementos e....O CONSEGUIMOS!!!

                                 

 



book | by Dr. Radut