Skip to Content

Educación Infantil

ABN

Seguimos inmersos de cheo no mundo do ABN, polo que continuamos realizando actividades de búsqueda de parellas.

Tamén creamos as nosas propias parellas en función da que xa temos establecida...

   

Todo esto, pode parecer sinxelo, pero para eles supón un gran traballo de concentración. Ademáis, eles mesmos estanse iniciando na subitización, xa que moitos deles non necesitan xa contar para saber cantos teñen diante (entendo así por subitización a capacidade de establecer o número cardinal dunha colección, sen necesidade de realizar actividades previas de conteo). Así, coas cantidades pequenas é sinxelo, pero a medida que aumenta a cantidade de obxectos a cousa complícase. Para mostra un botón:

-  Temos un número de cubiños de cores debaixo dun plato. Ó levantalo, a maioría intenta adiviñar cantos viu sen moito éxito...

                                            

- Porén, repetimos a secuencia pero axundándoos un pouco, de forma que organizamos a colección...

Teño que confesar que foron capaces nun abrir e pechar de ollos, polo que preguntei: "Por qué creedes que agora foi máis sinxelo?"

E a súa resposta (aínda que era a que eu quería escoitar), sorprendeume aínda máis: "porque os colocaches como nun dado".

TÉÑENME NAMORADA Vergoña

En sesións posteriores, xogamos a organizar a nosa alfombra de números como unha estrada onde nos seríamos os coches.

                                  

Unha vez todo estaba listo, puxémonos na liña de saída e a xogaaar!!!! Porén, a nosa velocidade sería imposta por un dado. Así, teríamos que dar saltos cara adiante e cara atrás ata conseguir saír da estrada....PASÁMOLO PIPA!!!

 

 

 

BINGOOOO!!!!

Un dos xogos máis clásicos, pero que máis nos gustan.

Así, despois de ordear as letras minúsculas e maiúsculas e asocialas co seu son no noso conto das letras móviles, decidimos rematar a sesión xogando un BINGO. Porén, os maiores tiñamos cartóns coas minúsculas, que difícil foi!!! Pero como nos gusta berrar BINGOOOOOO.

        

CUMPREANOS DO MES DE NOVEMBRO

Creo que non hai nada que nos guste máis que unha festa (aínda que agora estaría moi reñido co ABN e os experimentos Guiño), así que....POR FIN CHEGOU O NOSO PRIMEIRO ANIVERSARIO!!!! A máis peque das nosas maiores, cumpriu nada máis e nada menos, que 5 anos.

PARABÉNS NOA!!!

Lecto - escritura.

Gústannos tanto as nosas rutinas de ABN, que en mitade dunha das nosas actividades matemáticas, os pequenos/as propuxeron darlle novas utilidades ós nosos cubiños de cores e formar letras. Por suposto, pareceume unha idea fantástica e foron eles os que programaron a súa propia actividade. TÉÑENME ENCANTADA!!!

ASÍ QUE...MANS Á OBRA!!!

      

Aínda así, aproveitando a actividade e posto que non temos tantos cubiños para todos/as, realizamos outras actividades de lecto - escritura de forma paralela...

   

 

                                 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut