O prazo para presentar solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2024-25 será do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).
As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro educativo ou mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Tamén se poderán presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).