Skip to Content

Admisión de alumnado

PROCESO DE ADMISIÓN 2020/2021

As solicitudes de admisión de alumnado realizaranse mediante o modelo anexo II ( ED550B da sede electrónica da xunta). Tamén se pode recoller e entregar o modelo no centro educativo.

 

O PRAZO É DO DÍA 1 AO 20 DE MARZO, ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS.

 

Toda a información oficial será colgada no taboleiro do colexio.

 

EDITADO 13/03/2020:

DADA A SITUACIÓN ACTUAL O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PROLONGARASE UNHA SEMANA  DESPOIS DA VOLTA ÁS AULAS.

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

Lembramos que todos aqueles alumnos e alumnas de 6º de primaria que queiran facer a reserva para o IES Punta Candieira (centro adscrito) deben cubrir o modelo ED550A-C, que se pode descargar da web: www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou pedir no centro escolar. Despois hai que entregalo na dirección do colexio.

Asemade, pódese cubir e entregalo a través da sede electrónica da Xunta se se dispón de certificado dixital.

O prazo remata o 17 de febreiro.

Se tedes calquera dúbida, consultade no centro escolar.

Formalización da matrícula

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA.

 

O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 20 e 30 de Xuño.

Deberase presentar a seguinte documentación:

 

-4 fotografías tamaño carnet do alumno ou alumna.

 

-Fotocopia das tarxetas sanitarias dos proxenitores do alumno ou alumna.

 

-Fotocopia do boletín de vacinas do alumno ou alumna.

 

-Certificado de empadronamento da unidade familiar.

 

-Certificado médico do alumno ou alumna no que se explicite que padece ou non enfermidades graves e/ou contaxiosas. 

 

-Solicitude de matrícula debidamente cumprimentada, a cal podedes descargar no arquivo adxunto.

 

Admisión de alumnado 2019/2020

No arquivo adxunto pode consultarse a listaxe provisional de admitidos/as para o vindeiro curso 2019/2020. Tamén está dispoñible no taboleiro do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut