Admisión novo alumnado para o curso 2018/2019
NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO:
- Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 25 de Xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión en centros sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio, de educación.
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2017/2018.
|
CURSO |
ORDINARIOS |
RESERVADOS N.E.A.E. |
TOTAL |
EDUCACIÓN INFANTIL |
4º (3 anos) |
22 |
3 |
25 |
5º (4 anos) |
22 |
- |
22 |
|
6º (5 anos) |
23 |
- |
23 |
|
EDUCACIÓN PRIMARIA |
1º |
18 |
3 |
21 |
2º |
17 |
- |
17 |
|
3º |
23 |
- |
23 |
|
4º |
23 |
- |
23 |
|
5º |
20 |
- |
20 |
|
6º |
20 |
- |
20 |
SOLICITUDE DE ADMISIÓN E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA.
O prazo para presentar solicitude de admisión será durante os días 1- 20 de Marzo. A solicitude será única e de carácter vinculante, presentándose no centro que se solicite praza en primeiro lugar.
Deberá presentarse a seguinte documentación:
- Solicitude de admisión (Anexo II) debidamente cumprimentada e asinada por ambos proxenitores. Poderase solicitar o impreso na dirección do centro (ou descargar aquí) .
- Libro de familia.
- DNI dos proxenitores e do alumno/a, se dispón del.
O prazo para a presentación acreditativa do baremo, será dende o 1 ao 10 de abril. Isto sería únicamente necesario se houbera unha demanda de prazas superior á oferta.
PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS/NON ADMITIDOS.
Listaxe provisional: antes do 25 de Abril. As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles, contados a partires do día seguinte á publicación desta listaxe.
Listaxe definitiva: antes do 15 de Maio.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.
O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 20 - 30 de Xuño.
Deberase presentar a seguinte documentación:
- Solicitude de matrícula (anexo III - 1) debidamente cumprimentada, a cal se poderá solicitar na dirección do centro.
- 4 fotos tamaño carné do alumno/a.
- Fotocopia das tarxetas sanitarias dos proxenitores do alumno/a.
- Fotocopia do boletín de vacinas do alumno/a.
- Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.
- Certificado médico do alumno/a no que se explícita que padece ou non enfermidades graves e/ou contaxiosas.
CENTROS ADSCRITOS E DE ADSCRICIÓN.
Adscritos: non temos.
De adscrición: I.E.S. Punta Candieira, en Cedeira.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO.
Abrangue as 3 parroquias do concello de Cerdido, A Barqueira, Cerdido e Os Casás. As áreas limítrofes serían os concellos de Cedeira, As Somozas, Moeche, Valdoviño e Ortigueira.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS.
O centro oferta de maneira complementaria os seguintes servizos:
- Transporte escolar
- Comedor escolar.
O alumnado que desexe facer uso destes servizos deberá expresalo debidamente tanto na súa solicitude de admisión como na conseguinte formalización de matrícula.
Calquera dúbida ao respecto, será aclarada na dirección do centro, preferentemente en horario de 11:40 á 13:25.