Skip to Content

Está claro... homes = mulleres !!!

 

O venres veunos visitar de novo Caxoto... a avisarnos de que tiveramos coidado cunha enfermidade moi infecciosa, unha enfermidade que se produce na cabeza das persoas e as convence de que homes e mulleres son diferentes !!

A nós pareceunos IMPOSIBLE porque ESTAMOS SEGUR@S DE QUE TOD@S SOMOS IGUAIS !!

En canto o convencemos de que non necesitábamos ningunha vacina nin medicamento, xa que nas nosas cabezas non había lugar para esa enfermidade, rematou por contarnos uns contos tan divertidos coma sempre !!

Grazas Caxoto, por preocuparte pola nosa saúde !!


Novidades Novembro 2013

 

Seguimos ampliando os nosos fondos... animádevos a visitar a Biblio!!



Novidades Outubro 2013

 

Aquí tendes as últimas adquisicións da nosa Biblio... están á vosa disposición!

 

Samaín e Magosto 2013

Este mércores celebramos o Samaín e o Magosto no cole!!


 

Durante as últimas semanas pasámolo xenial decorando os corredores, a biblioteca e as aulas...


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebramos un concurso de decoración de cabazas e todos recibimos un agasallo e un diploma por participar... E houbo tres gañador@s! Parabéns!


 

Disfrazámonos e pintámonos para dar moito medo, comimos castañas e fixemos xogos populares...


 

No comedor degustamos un menú terrorífico... a algúns non nos gustou moito!!


   

 

E rematamos o día cun conto de medo que nos deixou durmir... (ou iso esperamos, contádenolo á volta)


Distribuir contido


by Dr. Radut