Skip to Content

Inicio do curso 2013/2014

 

FELIZ INICIO DE CURSO PARA TOD@S !!!

Os mestres xa estamos no cole, preparándonos para recibirvos coas enerxías renovadas, aínda que as clases se reanudarán o vindeiro mércores 11 de Setembro, no horario habitual.

Antes desa data, ante calquera dúbida que vos poida xurdir, atenderémosvos con moito gusto en horario de mañá.

Animalando. Programa mamíferos

 O alumnado de 4º, 5º e 6º xa gravou o segundo capítulo do programa Animalando, esta vez sobre o tema dos mamíferos.

http://www.youtube.com/watch?v=QVogAgrCAfM

 

 


Mención de honra no certame IMAXINA CANTARES!!!

Noraboa ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP do noso cole!!! O seu traballo "Has de cantar meniña gaiteira" recibíu do xurado do certame unha mención de honra e polo tanto un recoñecemento formal a todo o seu esforzo.

Moi ben feito rapaces/zas!!!!

Nesta ligazón podedes acceder á páxina da Consellería onde figuran os traballos premiados.

 

 


Visita a MARCELLE para coñecer mamíferos

O pasado venres 14 de xuño os nenos e nenas do cole visitaron o parque zoolóxico de MARCELLE, Lugo. Alí uns monitores fantásticos lles amosaron os diferentes animais do parque, dos que a maioría eran mamíferos e aprenderon un ha chea de cousas sobre eles. Aquí vos deixamos unha mostra das fotos que sacamos.




Distribuir contido


by Dr. Radut