Skip to Content

O carnaval dos animais

O pasado xoves os nenos e nenas do cole puideron disfutar do concerto didáctico "O carnaval dos animais" que tivo lugar no Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Aquí vos amosamos unha mostra. Pasámolo fenomenal!

 

Letras Galegas á Bolañesa

Este ano o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas foi Roberto Vidal Bolaño e para celebralo,  ademais de realizar diferentes actividades relacionadas co autor visitounos o cociñeiro Caxoto Contacontos quen nos ofreceu un menú a base de "Sopa de Letras Galegras" e "Espagueti á Bolañesa" amenizado polas máis fermosas historias. Despois a alcaldesa agasallou aos nenos e nenas do cole cun libro para cada un.

Entrega de premios

Xa rematou a segunda edición do Gran Premio Lector do CEIP da Barqueira e premiamos aos rapaces a rapazas con estes fantásticos agasallos. Noraboa a tod@s @s participantes!!


23 de Abril - Día do Libro

Onte, 23 de abril celebramos no cole o DÍA DO LIBRO disfrutando dunha xornada especial centrada na figura dos irmáns Grimm e dos seus contos.

Ademais aproveitamos  para celebrar a entrega de premios do certame de Contos e Lendas de Cerdido. Noraboa aos gañadores e gañadoras!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut