Skip to Content

Día da Poesía (21.03.2014)

 

Toca celebrar o día da Poesía!

Nesta ocasión fixemos un tendal de poesías e unha exposición de versos el flor... gústavos?

 

Educación Vial (13.03.2014)

 

O pasado xoves tivemos unha visita duns amigos da Dirección Xeral de Tráfico da Coruña.

Viñéronnos contar as precaucións que debemos ter ao ir pola rúa, tanto camiñando como en bici, moto ou coche.

Agasalláronnos cuns chalecos refectantes e ademais, trouxeron un coche da Garda Civil que nos gustou moito. Tranquilos, as sereas que soaron toda a mañá, foron cousa nosa!

 

 

 

 

 

Certame literario (Febreiro 2013)

 

Durante o pasado mes de Febreiro celebramos o certame literario sobre o amor... xa temos gañadoras!!

Parabéns a Carla, Silvia e Miranda, que gañaron nas categorías de carta, debuxo e poesía respectivamente!!

Entroido pirata (28.02.2014)

 

O entroido chegou á Barqueira cargadiño de garfos, espadas, coitelos, parches e sombreiros pirata... tal e como nos mandou o noso Meco!

Como somos tan obedientes, seguimos as súas instruccións diarias ao pé da letra.

Ademais, tivemos merenda de Entroido con filloas, rosquillas e orellas... puxémonos ata arriba!!

Agora a desfrutar ata o xoves, que volvemos ao cole!!

Bo Entroido grumetes!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut