Comezamos a semana da Muller traballadora!
Xa vos anunciaramos unha sorpresa para este mes, verdade?
Hoxe foi o día de desvelala: Unha dobre sorpresa porque era para vós e tamén para unha muller moi coñecida por todos :
MARÍA SALINAS
Pero, por que era sorpresa para ela?
Porque o seu compañeiro de andanzas BERTO PIRATA, tróuxoa enganada dicíndolle que ían a Portugal, a un sitio moi especial, pero debía ter os ollos tapados por un anteface
Cal era o motivo para traela ao cole?
El quería darlle esa alegría, de volver ao cole onde foi a nosa mestra de inglés moitos anos, xa que sabe que María sente este centro como o seu cole preferido.
Tamén quería que María xunto con el, nos presentaran o
libro de relatos curtos que escribiron os dous con fins
solidarios: ELEFANTES DE PAPEL
Como se sentiu cando lle quitaron o anteface e descubriu a pequena mentira? Vímola moi sorprendida, nerviosa, emocionada e supercontenta.
Primeiro chorou, logo abrazouse a Berto e despois quería falar connosco pero non podía, comezaba a chorar. Algúns de nós choramos con ela.
Como se desenvolveu a sorpresa?
Pouco a pouco María foise relaxando e xunto con Berto foron presentándonos o libro.
E coa morea de preguntas que lles fixemos...
Fomos descubrindo como e cando o idearon, cal é o seu relato favorito, porque é de relatos curtos, quen foi o ilustrador, unha particularidade especial do libro: pódese ler desde o inicio en galego e se damos a volta en castelán, cada un deles leunos un relato,o que fan coas ganancias do libro que son nada máis e nada menos que axudar a ONG.
Esta foi unha pregunta con resposta xenial!
Porque na portada e contraportada ten un quebracabezas? A resposta foi:
" A vida é un quebracabezas e hai que quedarse coas mellores pezas"
Durante a presentación, animounos a perseguir cada un dos nosos soños, porque se queremos podemos conseguilo.
Despois démoslle un abrazo colectivo e
Unhas fotos de grupo para o recordo.
Para rematar, dedicáronnos e asinaron o libro para que poidamos desfrutalo na biblioteca.
Grazas María e Berto!!!