Skip to Content

Actividades

HOMENAXE A LUISA VILLALTA. CEIP A SANGRIÑA. LETRAS GALEGAS 2024

Deixámosvos unha pequena mostra da saída desta semana que fixemos para difundir a poesía e vida da escritora Luísa Villalta, a homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

Agradecer especialmente a todas aquelas familias que puidestes achegarvos a arroupar ao noso alumnado nesta actividade.

Agardamos que vos gustase e que sigades compartindo momentos coma estes con nós.

PERCORRENDO A VILA CON LUISA VILLALTA. LETRAS GALEGAS 2024

Como o tempo non acompañou, tivemos que adiar o noso percorrido pola Vila recitando a Luísa Villata.

Pero como o sol volve brillar, as nosas trobadoras e trobadores recuperan esta actividade conxunta dos Centros públicos da Guarda organizada polos Equipos de dinamización da Lingua Galega.

Estes son os novos horarios.

Acompañádenos e comprobaredes o bo traballo que fixemos!!!

 

CRUEL FILOSOFÍA. LETRAS GALEGAS 2024

Coa poesía de LUÍSA VILLALTA, a homenaxeada das Letras Galegas este ano e a música do grupo folk A BANDA DA LOBA, a nosa profe Virginia de música fixo esta fermosa montaxe co alumnado de 6º curso

Aquí a deixamos para que a desfrutedes: 

Parabéns profe!!!

Para rematar a actividade, achegáronse a Alameda da Guarda acompañando ó alumnado de 4º de E.Infantil e...cantaron en vivo e en directo!!!

Aquí queda a súa actuación. Fixérono xenial. 

Parabéns rapazas e rapaces!!!

PERCORRENDO A VILA CON LUISA VILLALTA. LETRAS GALEGAS 2024

Este ano a homenaxeada no día das letras galegas é a escritora, filósofa e violinista, Luísa Villalta.

Para celebrar este día, o alumnado do CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP Plurilingüe As Solanas e o CEIP A Sangriña, realizaremos un percorrido polas rúas da Vila para divulgar a súa poesía e biografía, actividade organizada polo  Equipo de dinamización da lingua.

https://delerianominho.blogspot.com/2024/04/luisa-villalta.html

Estes serán os horarios e os lugares da Vila onde nos poderedes atopar. Encantaranos que nos veñades ver:

O alumnado de 6º de E.Infantil fixo esta fermosura de cartel que loce espléndida no Centro.

Parabéns polo traballo a alumnado e o seu profe Jose.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O NOS FERMOSO IDIOMA GALEGO!!

23 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA. CEIP A SANGRIÑA

O 23 de FEBREIRO foi o día de Rosalía de Castro e no cole celebrámolo de distintas maneiras.

Nesta ocasión, a clase de 6º de infantil fixo este mural para ambientar a entrada do cole.

Por outro lado, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o alumnado do centro preparou un poema de Rosalía para despois cantar ou recitar. 

Mirade que ben o fixeron!

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO POR ESTE BO TRABALLO!

UN SAÚDO, 

O EDLG

 

11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro foi o día da muller e da nena na ciencia.

Para conmemorar esta data, organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tivemos varias visitas no centro de científicas da zona, todas grazas a  iniciativa do 11 de febreiro. 

 Estivo con nós Sara Varela, paleontóloga da Universidade de Vigo,  do departamento de Ecoloxía e bioloxía animal, e Clara Almecija, oceanógrafa e xeóloga da Unidade de Tecnoloxías Mariñas do CETMAR de Vigo.  

Con Sara, o alumnado de 5 anos aprendeu sobre fósiles. Puideron tocalos, manipulalos e incluso pintalos (eran mostras de xeso). 

Con Clara, o alumnado de primaria aprendeu sobre a vida nos fondos mariños, a importancia dos ruidos tanto naturais coma producidos polos humanos, e o noso papel para coidalo e preservalo. O seu centro de traballo ten unha boia de monotorización na Guarda! 

As dúas expuxeron o seu traballo facéndonos dalgunha maneira partícipes. Por un lado, aprendemos sobre traballos, neste caso desenvoltos por mulleres que non son tan visibles no noso día a día. E por outro, a importancia que ten a ciencia para seguir progresando na vida. 

Agardamos que estas actividades sirvan de inspiración para todo o noso alumnado, en especial as nenas conscientes de que poden facer o que queiran pois teñen capacidade de sobra!!!

OS VENRES EN GALEGO!!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega empezou o aninovo 2024 cun propósito: falar máis galego e contaxialo por toda a comunidade educativa.

Ese día todo o alumnado e profesorado debe empregar a nosa lingua para comunicarse no patio, horas de ler, cambios de clase e incluso nas clases nas que sexa posible.

Así que en aulas e corredores poderedes ver este cartel:

Tedes toda a información no seu blog...

https://delerianominho.blogspot.com/

XORNADA DE TÍTERES. LÚA QUERE VIAXAR A MARTE

Nin a choiva caida durante toda a mañá nos impediu acercarnos toda a E.Primaria esta mañá ata o Centro Cultural para gozar desta obra de títeres a cargo da Xanela do Maxín.

Tedes toda a información do acontecido no blog de Dinamización da Lingua.

https://delerianominho.blogspot.com/2023/11/lua-quere-viaxar-marte.html

BLOG DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Asistimos ó nacemento dun novo blog !!! Permanecerá anclado nesta web para que poidades seguir as súas publicacións. 

 O Equipo de dinamización da lingua comunica o seguinte:

 

ESTAMOS DE ESTREA!

Alédanos anunciar que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega ten novo BLOG!

Este blog será unha canle de comunicación con toda a comunidade educativa para contarvos o que estamos facendo, pedir colaboración, e sobre todo, impulsar o uso do galego.

 Gardade esta dirección e permanecede atentos e atentas ás actividades que estamos preparando para este curso.

 Agardamos que vos gusten e que colaboredes con nós.
 
Estamos en contacto!
 

 Saúdos e apertas :)

LETRAS GALEGAS 2023

O Equipo de dinamización da Lingua en coordinación coa profe Virginia de música preparou unhas fermosas actividades para homenaxear a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, figura á que se lle adica este ano o día das Letras Galegas.

Así, en colaboración, os tres Centros públicos da Vila, Sinde, Solanas e Sangriña, unímonos e fixemos uns marcarpáxinas que circularán por todos os rincóns da Guarda... Cada un ten un CÓDIGO QR dende o que se accederá a un audio...Ollo que NON todos son iguais!!!

Así baleiros non din nada, peero así cheiños de vida e cor, feitos polas nosas nenas e nenos...chulada!!!!

  

E, aquí van os AUDIOS que atoparedes ó escanear o código QR, coordinados pola profe Virginia:

1) RAP do alunmado de 6º: 

2) PODCAST do alumnado de 3º e 4º a través de Informática: 

 Para rematar, imaxes do fermoso mural que enche de cor e galeguidade a entrada do Centro:

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO, A NOSA FERMOSA LINGUA!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut