O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG) que chega á súa 60 edición rendéndolle homenaxe este ano 2023 ó tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.
Dende o SEMINARIO GALÁN, como todos os anos,comparten o material que foron creando.
Antes de empezar, un pouco de historia...para saber a razón desta celebración. Descubriralo aquí:
Para celebrar o 23 DE FEBREIRO, día de ROSALÍA DE CASTRO, o alumnado do CEIP A Sangriña deléitanos con este videoclip da marabillosa cover (versión ) que MJ PÉREZ, cantautora galega, fixo da canción da cantante Rosalía "Malamente", á que lle puxo a letra da poesía da nosa Rosalía de Castro.
Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua e coa colaboración da Biblioteca Escolar na conmemoración do mes da Ciencia na Biblioteca Escolar chegou á Sangriña:
A Xanela do Maxín presentou este espectáculo de monicreques do que puideron gozar o alumnado de 2º,3º e 4º no que se fomenta e promove a divulgación científica en galego.
Todo preparado para recibir ó alumnado:
Da man de Toupiña e do seu axudante Protonio nenas e nenos viviron unha xornada científica en galego con diversos experimentos...
Temas de presión, electricidade...foron facendo hipóteses e probando segundo o método científico para finalmente chegar ó resultado preciso.
A RAG (Real Academia Galega) estrea esta curta de ficción coa que pretende achegar ós máis cativos/as a lingua galega dun xeito ameno e diferente. Nesta ocasión explícanos o proceso de formación da nosa lingua galega.
Baseada nunha idea orixinal da escritora FINA CASALDERREY e a mestra-meiga Fátima R. Ruibal que protagoniza o guión acompañada do alumnado do CPI St. Lucía de Moraña, centro no que exerceu como mestra Fina Caslderrey.
Imaxina ter unha linguaxe secreta que só ti e os teus amigos e amigas coñezan. Pasarse mensaxes que sexan incomprensibles para quen os poida interceptar ou falar sen que os demais saiban o que dis... Interesante eh?
Ter a túa propia linguaxe secreta é unha forma divertida de compartir información.
Dende Dinamización da Lingua, intentouse visibilizar a recollida de palabras usadas na zona, que se levou a cabo durante varios cursos.
Coa axuda dalgúns compañeiros de 6º de Primaria (Anxo, Rocío, Gabriel e Sokhnamay) a través deste guión gravado en formato podcast, descubriremos que este xeito de comunicarse non é nada novo na nosa zona.
Había gañas de ver ás nosas nenas e nenos todos xuntxs nunha actuación!!!
Así que...alá fomos, en ringleira enchendo de cor e alegría as rúas da Vila polas que iamos pasando. Colocados de peques a maiores, emprendemos a marcha ata o auditorio de San Bento.Un agradecemento especial ó alumnado de 6º que foron os encargadxs de axudar a baixar e subir á rapazada de 3 e 4 anos, dándolles ánimos, conversa e non soltándoos da man.
Xa coas nenas e nenos colocados nas gradas, atentísimxs ás indicacións da profe Rosa, comezou o concerto: "O cuco cantou", "O gato", "Collín toxos e flores", "Tireiche unha laranxiña", "Pousa, pousa" e "Bailaches Carolina" foron as cantigas populares que cantaron e acompañaron con percusión.
Para que a música resoara alta e clara mestras e mestres acompañaron con instrumentos a actuación. Grazas especiais a Lucía, a nosa pianista, mami dunha alumna do Centro, sempre disposta e atenta.
Moita afluencia de familias desfrutando e fotografando a actuación. Todo un espectáculo de bo facer que lucíu marabilloso!!!! Parabéns!!!
Aquí deixamos unha pequena mostra de fotos e vídeos.
Inauguramos a celebración das Letras Galegas con varias actividades.
Dende as aulas chegaron poesías, marcapáxinas e uns acrósticos propostos polo Equipo de Dinamización da Lingua , todos os traballiños feitos polo noso alumnado con moita ilusión...
E temos unha sorpresiña para as familias que levan tanto tempo, pola pandemia, sen ver xunto a todo o alumnado nunha actuación.
Será o venres 20 no Auditorio de San Bento tal como está anunciado na Web do Concello.
Dende Dinamización da Lingua propoñen esta actividade en prol da cultura musical popular galega e chamárona:
MINI CONCERTO POPULAR CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS
Aquí deixamos unha pequena mostra en imaxes do ensaio xeral que fixemos no Centro, previo á actuación. Esperamos que veñades a vernos en directo porque...merecerá a pena!!!!Vémonos!!!
O equipo de DINAMIZACIÓN DA LINGUA achega unha escolma de recursos para coñecer e traballar ó autor homenaxeado este ano 2022 nas LETRAS GALEGAS.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de abrir un novo espazo dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, o escritor que será homenaxeado o 17 de maio. Alén da súa biografía, tedes á vosa disposición diversos recursos dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG):
Na páxina web do Seminario Galán poderedes atopar actividades interactivas, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos, video da biografía, canción sobre o poema " Pandeirada", cronoloxía, marcapáxinas...
A Real Academia Galega xa ten en marcha a nova edición dePrimavera das Letras, adicada a Florencio Delgado Gurriarán, protagonista do Día das Letras Galegas 2022. este proxecto dirixido ao público infantil,primaveradasletras.gal, pode descargarse a biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán.
Video realizado polo CPR San Pío X, de Ourense, sobre a biografía e obra de de Florencio Delgado Gurriarán.
Un grupo de nenas e nenos do CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) representa a dramatización de "Casoiro" . Este é un dos poemas que o protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán, dedicou ao mundo do viño da súa comarca, Valdeorras, e incluíu en 'Galicia infinda' (1963).
"Aí vén o maio" é un dos poemas que Florencio Delgado Gurriarán, protagonista do Día das Letras Galegas 2022, incluíu no seu primeiro libro, 'Bebedeira' (1934). Neste vídeo seis alumnas e alumnos do CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) interpretan a canción composta polo mestre de música do centro, Nacho Hermida, a partir da composición poética do autor.
Canción interpretada por CARLOS GARCÍA CASÁS cun poema de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.
Fermosísima actividade a que nos propuxeron dende DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA para homenaxear a Rosalia.
A imaxe e a obra da nosa poetisa máis universal loce de mil xeitos, todos moi creativos, nestas pandeiretas que locen con orgullo no seu día e que enchen o Centro de poesía.