Skip to Content

Actividades

23 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

O día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro trala aparición de documentación que confirma esta data como o día do seu nacemento.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua achégannos o material elaborado por diferentes centros escolares para celebrar este día e déixannos unha prosposta plástica que encherá o Centro con cousiñas da nosa Rosalía da que teredes imaxes claro!!!!

-Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato Calameo.
UD. Infantil: https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7
UD 1º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766eb12b05c836e
UD 2º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766be13afdee92e
UD 3º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/0067047662f0e4b46eb4c

-Rosalía de Castro. Biografía. Actividades intereactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5

-Que sabes de Rosalía de Castro? O rosco de Rosalía. Actividades interactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/61ef0aca2dd7bf001347b1be

Tamén nos achegan diferentes concursos:

Real Academia Galega e PuntoGal convidan a toda a comunidade educativa a participar no V Concurso de Microrrelatos que convocan co obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. As dú as entidades repartirán tres premios en cada unha das categorías: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e adultos (de 18 anos en diante).

O prazo de presentación dos contos de ata 200 palabras permanecerá aberto durante todo o mes de febreiro a través da páxina web relatos.gal, onde se poden consultar tamén as bases e a composición dos xurado.

Para celebrar o Día de Rosalía, dende a Deputación de Pontevedra animan a todo o alumnado e centros de primaria da provincia a participar nun concurso de poemas musicados. A intención é que cada aula / grupo de primaria (van especificada as categorías e idades) realicen un poema de Rosalía de Castro musicado, precisarán a axuda dos mestres e mestras, por suposto, tamén para gravalo e envialo.
As instrucións van na carta e estarán colgadas na páxina web www.depo.gal.
Para o envío dos debuxos e calquera dúbida: anosarosalia@depo.gal

 

AS MIL CARAS DE ROSALÍA

CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL LETRAS GALEGAS 2022

Dende o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, animan a participar nesta interesante convocatoria dun CONCURSO DE RELATOS para honrar ás Letras Galegas.

Co obxectivo de que as nenas e nenos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega, desenvolvendo á vez a súa imaxinación deixamos esta convocatoria:

 

Máis información no DOG do 18 de xaneiro:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220118/AnuncioO150-231221-0001_gl.html

DEBATENDO APRENDO (3º TRIMESTRE)

Neste caso, a terceira edición de “Debatendo aprendo” está protagonizada polo alumnado de 2ºA de Educación Primaria que debateron sobre “O tempo de patio” e o alumnado de 1º de E.P. que discutiron sobre “O uso das cartas en papel”. Estes últimos empregaron este tema, xa que fai un días lles remitiron unhas cartas aos seus compañeiros/as de 4º de E.P. (tal como poden observar nesta mesma páxina web baixo o título “Correspondencia escolar”).

O proceso e resultado foi marabilloso. Que orgullosas estamos delas e deles!!

 Sen máis, a desfrutar deste fantástico traballo.

 

Con agarimo,

 

O EDLG.

INICIAMONOS NA CORRESPONDENCIA ESCOLAR

O alumnado de 1º de E.P. iniciouse na actividade de “Correspondencia escolar” organizada polo EDLG. Nela  cada equipo cooperativo de 1º de E.P. escribiulle unha carta aos equipos de 4º de E.P. coa finalidade de coñecerse e intercambiar experiencias.

Por desgraza durante este curso non puidemos realizar actividades conxuntas de carácter presencial, pero iso non quere dicir que non sei poidan atopar outros medios. E sen dúbida atopamos a forma.

 

A continuación poden observar unha pequena do marabilloso proceso:

 

Con agarimo,

 

O EDLG.

NOMEAMOS OS PRODUTOS DA NOSA HORTA

Ao longo do curso estivemos sementando diferentes produtos (cenorias, leitugas, remolachas, brócoli…) tal como se recolleu en entradas anteriores.

Esta semana o alumnado de 1º de E.P. estivo nomeando os produtos que podemos atopar actualmente na horta. Coa finalidade de dar a coñecer o nome dos produtos, en galego, de xeito que todas e todos poidamos enriquecernos de xeito conxunto.

 

A continuación poden observar un vídeo do proceso:

 

Con agarimo,

 

O EDLG.

EXPOSICIÓN XELA ARIAS

Dente os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros públicos de A Guarda (CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP A Sangriña e CEIP Plurilingue As Solanas) efectuouse unha exposición, na praza de Avelino Vicente, coa finalidade de homenaxear a Xela Arias de cara á Semana das Letras Galegas.

 

No vídeo que se presenta a continuación poden observar o resultado da mesma. Esperamos que lles guste.

 

Con agarimo,

 

O EDLG

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Estamos inmersas na Semana das Letras Galegas e non queremos despedirnos da mesma sen ensinarvos as marabillosas aportacións que recibimos para homenaxear a Xela Arias.

Sen dúbida non podemos estar máis orgullosas e agradecidas. Graciñas familias!!

A continuación poderán observar o vídeo onde se recollen as mesmas. Ademais ao final atoparán as decoracións que efectuaron os alumnos/as de 4º e 1º de E.P. coa finalidade de contribuír a dita homenaxe.

 

Agardamos que lles guste!

 

Con agarimo, 

 

O EDLG.

XELA ARIAS: VIDA E OBRA

​​O Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X quere compartir con nós o vídeo elaborado polo alumnado de 5º de Educación Primaria sobre a vida e obra da escritora Xela Arias Castaño. 

 

Para visualízalo poden premer na seguinte ligazón:

Agardamos que este recurso sexa do seu interese.


Con agarimo,

 

O EDLG.

I EDICIÓN “DEBATENDO APRENDO” (2º TRIMESTRE)

Neste caso, a segunda edición de “Debatendo aprendo” está protagonizada polo alumnado de 6º Educación Primaria.  

Nela debaten sobre un tema moi importante para a nosa sociedade e que nos permite seguir avanzando cara a igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. Ó mesmo tempo favorece a visibilidade e integra de forma transversal a diversidade afectivo-sexual no noso cole (artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril).

Que orgullosas estamos delas e deles!!

 

Sen máis, a desfrutar deste fantástico traballo.

Con agarimo,

 

O EDLG.

Homenaxeamos a Xela Arias en familia!

A Real Academia Galega dedicaralle a Xela Arias o Día das Letras Galegas de 2021. Destacou por ser autora dunha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida.

Dende o EDLG contribuiremos en dita homenaxe, por iso queremos animar a todas as familias a efectuar unha gravación recitando unha poesía en galego e enviar un vídeo ao correo do noso centro antes do 30 de abril de 2021: ceip.asangrinha@gmail.com

 

Ademais do documento gráfico deben remitir a seguinte autorización de feito que poidamos subir unha montaxe á páxina web cos seus marabillosos

Distribuir contido


by Dr. Radut