Blogues
Estimadas nais/pais:
informámosvos que este Martes 10 de Novembro, celebraremos o magosto na nosa escola, tomando medidas e precaucións. Por elo , pedimos que o luns os rapaces traian un puñadiño de castañas xa picadas. E os que poidan , uns anacos de leña ou carozos e piñas para facer o lume.
Gracias pola colaboración.
Boas de novo!
No documento adxunto podedes ver o traballo feito na área de Educación Artística (Plástica) durante os meses de setembro e outubro.
Ademais, ao final do documento tedes unha tarefa para facer. É moi importante reflexionar sobre o que traballamos pois servirá para que todos e todas melloremos. Parabéns polo esforzo e agardo as vosas respostas!
Fran.
Estimadas nais/pais:
A partir do luns que vén, luns 26 de Outubro, e ata o xoves 29, os nenos poderán traer as cabazas decoradas á escola.
Pero este ano debido ás circunstancias que estamos vivindo, pedimos que sexan cabazas PEQUENAS, fáciles de transportar , cabazas que poidan traer os rapaces. Haberá un concurso con premio á mellor cabaza de cada aula.
Informamos tamén que o venres 30 celebraremos o Samaín adaptándonos á nova situación. Ese día haberá distintas actividades ao longo do día e os rapaces poderán vir disfrazados. Se tedes calqueira dúbida chámade ó colexio.
Sen máis , saudos e saude dende a escola.
Boas!
No documento adxunto podedes ver o traballo que fixemos na aula coas DESCRICIÓNS de persoas durante os meses de setembro e outubro.
Mirade todo o que aprendemos!
Fran