Blogues
Boas!
Como xa é habitual durante o curso, adoitamos traballar os diferentes contidos curriculares das áreas lingüísticas a través das tipoloxías textuais. A presentación que adxunto nesta ocasión é a relacionada cos contos entendidos como textos narrativos.
Agardo que a atopedes interesante. Nós pasámolo ben e aprendemos moito mergullándonos entre histórias fantásticas.
Fran.
Libros de texto e material escolar. Curso 2021-2022
Toda a información sobre estas axudas atópase no seguinte enlace.
- A participación no Fondo de libros está destinada ao alumnado matriculado en 3º, 4º de primaria no curso 2021-22.
- As axudas para adquirir libros de texto van dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de primaria no curso 2021-22, con renda per cápita do ano 2019 igual ou inferior a 10.000€.
- As axudas para material escolar van dirixidas a todo o alumnado con renda per cápita do ano 2019 igual ou inferior a 6.000€.
- O alumnado matriculado en 5º,6º de primaria no curso 2021-22 está incluído no proxecto educacióndixital (E-DIXGAL) no obstante, poderán solicitar para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
Forma e prazo de presentación
Poderán encher e presentar a solicitude até o 22 de xuño dos seguintes xeitos:
- Na secretaría do centro.
- Telemáticamente na aplicación da Consellería.
A solicitude será única para todos os fillos.
Poden descargar o impreso neste enlace ou recollelo na secretaría do centro.
Requisitos
- Ter devolto os libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do curso 2020/21.
- O alumnado tutelado pola Xunta de Galicia ou con discapacidade superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.
Nas últimas semanas estivemos traballando coa escultura na aula. Inspirámonos en Giacometti e a súa obra "O home que camilña" para crear as nosas esculturas con arame e papel de aluminio. Tamén escribimos a historia de cada figura e fixemos unha exposición na entrada da cole.
Ademais, fixemos un percorrido pola evolución da escultura no tempo e algunhas obras causaron sorpresa entre o alumnado. Agardo que fora un bo punto de partida para interesarse por esta disciplina artística.
No documento adxunto tedes un resumo do traballo e a actividade de reflexión final.
Fran
Abrindo o documento adxunto podedes ver o pequeno proxecto que realizamos sobre PICASSO. O produto final foi a elaboración dunhas "máscaras" inspirándonos no estilo CUBISTA deste autor.
Teño a sensación de que foi un traballo longo no que todos e todas desfrutamos do proceso.
Agora toca reflexionar na tarefa final que acompaña ao documento.
Seguimos aprendendo!
Fran