Blogues
No documento adxunto tedes a "enquisa de autoavaliación diaria" (COVID).
Este inicio de curso os nenos e nenas do 2º ciclo estamos aprendendo en que consiste iso de enviar un correo electrónico. Ao igual que os outros tipos de texto que imos traballar, os correos electrónicos, teñen unhas características que precisamos coñecer ben.
No documento adxunto déixovos un esquema para que recordedes o que vimos na aula.
En base ás Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, elaboramos o Plan de acollida , o Plan de adaptación e o Plan de continxencia para este curso 2020-2021; así coma os seus correspondentes anexos.
Premede en archivos adxuntos para velos.
A ANPA "O LOUREIRO" informa que este venres día 18 de Setembro ás 21:00 horas farán unha reunión na Casa da cultura para tratar os seguintes temas:
-Pago das cuotas de socios.
-Propostas de actividades para este curso 2020-2021.
-Remate da actual corporación directiva, dado que a actual directiva xa remata o seu mandato, pídense propostas para as persoas que queiran formar parte da nova directiva.
Rógase asistencia e puntualidade.