Blogues
Informámoslles de que poden pasar polo centro a recoller o cheque do material
3º E 4 º DE PRIMARIA: MÉRCORES DÍA 2
5º E 6º DE PRIMARIA: XOVES DÍA 3 E VENRES 4
Timbren á entrada e serán atendidos polo persoal da escola.
Estimadas familias:
Dámoslles a benvida a este novo curso e informámoslles que as clases comezarán
a vindeira semana de xeito escalonado:
-o XOVES 10 de setembro: 4º , 5º de Educación Infantil (3 e 4 anos); 1º, 2º e 3º de Primaria
-o VENRES 11 de setembro: 6º de educación Infantil (5 anos); 4º, 5º e 6º de Primaria
Será obrigatorio o uso de mascarilla para todo alumnado de Primaria e ademais tal e como
establece o protocolo da Xunta será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de
recambio, así como un estoxo específico para gardala.
Na etapa de Infantil non é obrigatorio o uso da mascarilla pero recoméndase.
En canto ás reunións de inicio de curso de Primaria irémosvos informando nos próximos días;
no caso de Infantil a reunión será o MARTES 8 da próxima semana ás 13 h.
Un saúdo dende a escola e si hai novidades xa vos vamos informando.
Hoxe venres 19 de Xuño , recibiredes as notas dos vosos fillos e fillas pola aplicación Abalar Móbil. Se tedes algún problema,e non as recibides non dubidedes en chamar o luns ao cole, e volas enviamos por correo electrónico.
Ola rapaces e rapazas!
Que tal estades?? Espero que moi ben. Xa esta semana é a derradeira do curso!!! Así que vouvos propoñer unha serie de enlaces de xogos para que poidades xogar e repasar cando queirades. Quería felicitarvos polo voso traballo ao longo deste curso e especialmente nestes últimos 3 meses, sodes uns campións e campionas. Agora debedes desfrutar do verán e cargar as pilas para setembro. Aquí vos deixo os enlaces:
http://www.cristic.com/3o-y-4o-de-primaria/#
http://roble.pntic.mec.es/arum0010/
http://www.educa.jcyl.es/zonaalumnos/es/tipologia-recursos/juegos
Un biquiño grande e apertas enormes, profe María