Blogues
Ola a tod@s!!
Xa tedes no noso curruncho de 1º e 2º de primaria a proposta de actividades desta semana.
Un abrazo grande!!
Ola rapaces!!
Unha semana máis, aquí vos deixo a proposta de tarefas para esta semana. Pero recordade!! non é obrigatorio facelo todo, é só unha guía ou proposta.
LENGUA: Faremos dende a páxina 152 ata rematar o tema.
LINGUA: Temos que elexir cousas porque todo non nos da tempo. Entón propóños as seguintes actividades:
* Pax 146-147 ( a lectura), pax 148 as preguntas da lectura.
* Pax 149, 150 e 151 (o ditado facédelo se alguén vos pode axudar, senón deixádelo)
SOCIAIS: Rematades o tema pero a pax 95, podedes deixala sen facer, posto que é un pouquiño liosa.
MATES: Empezades o tema do calendario e a tabla do 7, facedes ata a pax 169.
Repito: As tablas, ide pouco a pouco. Vale mais saber 3 ou 4 BEN, que non sabelas todas mal.
Gustaríame, se pode ser que esta semana, me enviarades un sms, whatsapp, mail... o que poidades pero dicíndome xusto ata que tabla sabedes ben, vale?
Bueno corazóns, traballade moito e animádevos moito porque xa casi, casi podemos ir á praia.
Un abrazo e un bico a tod@s!!
Ola rapazas e rapaces!!
No noso curruncho de 3º e 4º tendes colgada unha nova actividade. Espero que vos guste e recibir o resultado no meu mail, mjlealotero@edu.xunta.gal
Boa semana e moito ánimo! Profe María
Ola rapaces e rapazas!!
Que tal estades? espero que moi ben. Xa me chegaron algunha das vosas investigacións sobre as froitas exóticas que me encantaron, pero sigo esperando as que faltan, que seguro estarán xenial.
Esta semana propóñovos unha actividade de imaxinación e escritura. Que vos parece inventarvos un planeta que sexa como vos queirades??? No documento que vos colgo, están as instrucións para facelo, así que...collede un folio ou unha libreta e comezade a poñer en marcha a vosa imaxinación e deixádeme abraiada cos vosos planetas.
Se tedes dúbidas sobre algún traballo que esteades facendo, enviádema ao meu correo mjlealotero@edu.xunta.gal, así como os traballos que rematades.
Boa semana e saúdos estelares!! Profe María