Blogues
Para esta última semana de Maio, vos propoño duas fichas interactivas, para repasar o nome das notas. Ao rematar de facer a ficha vai daros duas opcións: correxila, ou enviala ao meu profesor; elexide esta ultima e enviadea ao meu mail: paula.garcia@edu.xunta.es.
Aquí deixo o enlace ao blogue:
https://musicasnarmenteira.blogspot.com/
Saudos a tod@s!
Ola rapaces!
Xa sabedes o que nos gusta no noso cole a comida saudable. Pos iso propoñémosvos un reto para que fagades dende as vosas casas.
O reto consiste en demostrar o que nos gusta a froita, o que lle imos a chamar ser un Froita-lover. Para iso teredes que mandar polo menos algunha destas propostas:
1. Unha foto dunha das vosas merendas con froita.
2. Unha foto, do resultado, dalgunha receita ou preparado que leve froita (limoada, tarta de mazá, ...)
3. Unha foto dangunha das árbores froiteiras que teñaddes na vosa horta ou na vosa contorna.
Se queredes podedes saír tamén vós na imaxe. Podedes mandalas ao seguinte correo: maria.tubio@edu.xunta.gal ou a través das vosas titoras.
O prazo será ata o 27 de maio. Faremos un vídeo ou algunha composición con tódolos participantes.
Animádevos a participar!!!!
Aí deixamos unhas fichas sobre Ricardo Carballo Calero, con pasatempos e preguntas, por se queredes saber un pouco máis do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
E se queredes ver os traballos que fixeron os rapaces sobre este autor e vídeos sobre as letras galegas pasádevos polo noso blogue da biblioteca: