AUDICION E LINGUAXE / PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
Son áreas desenvolvidas por profesorado especializado en Educación Especial.
A súa finalidade primordial é propiciar a integración e inclusión do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, mediante:
- A atención preferente e directa.
- O asesoramento en materiais curriculares adaptados a este alumnado.
- O consello e apoio ao profesorado do centro.
Ámbalas duas, como parte do equipo de Atención á Diversidade do centro, desenvolven funcións como:
Determinar o programa de traballo dese alumnado ao comezo do curso escolar xunto aos profesores titores, en función dos informes e prognósticos realizados polo Equipo de Orientación Educativa e Psicopedagóxica do centro. Nalgúns casos, ademais, teranse en conta as orientacións dos Equipos Específicos de Orientación
Organizar a atención aos alumnos e alumnas que en principio van recibir axuda, respecto a: Horarios, espazos e materiais
Revisión das necesidades a través da realización de probas individualizadas, a observación directa e indirecta e informes da orientadora, titores, profesores especialistas e familiares.
Proporcionar, se é necesario, axuda na selección de material específico e adaptado para a súa utilización nas aulas e realizar as adaptacións de materiais didácticos que se precisen
Intervir directamente co alumnado a fin de corrixir ou paliar as dificultades que presenten, realizando: un plan de traballo programado individualizado, e o seguimento e avaliación procedentes, colaborando co resto dos membros do claustro, sobre todo no referente ás áreas instrumentais.