BENVIDOS AO NOVO CURSO
Por fin!!!! Mañá día 11 empeza o curso 19/20...
Ao ser o primeiro día teremos unha xornada un pouco diferente que pasamos a explicarvos de seguido.
Ás 9:00 o alumnado de 5º 6º de EI e todo o de primaria coas familias que poidades acompañalos, iremos ao Salón de Actos onde presentaremos ao profesorado e a continuación cada grupo irá á súa aula coas mestras que lles corresponda.
As familias quedarán no salón de actos co equipo directivo .Queremos explicarvos as novidades que temos este curso , as normas xerais de funcionamento e intentaremos aclarar as vosas dúbidas.
Unha vez que acabemos, sobre ás 10:15, o alumnado sairá ao patio coas mestras especialistas e as familias irán ás aulas para ter unha primeira toma de contacto coas titoras.
Rematada esta reunión , unha vez que as nenas e os nenos volten ás aulas, iniciaremos o horario normal dun mércores.
Gustaríanos tervos anunciada a organización do 1º día con máis antelación pero non foi posible ...
Saúdos a todas as familias e benvidas ao novo curso!!!!!