Skip to Content

FOLGA XOVES 18

RECORTES    NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN

 

Ola a tod@s,

   Este días están a aparecer nos medios de comunicación as convocatorias de mobilizacións dos estudantes durante toda esta semana. Tamén está difundido o apoio que a Confederación Estatal de ANPAs presta a estas mobilizacións, e especialmente a petición que fai ás familias para que mañá XOVES 18 non mandemos aos nosos fillos e fillas ó colexio. A federación de ANPAs de Compostela, na que a nosa ANPA está integrada, ten unha postura común que se concreta nos seguintes puntos:

- Apoiamos totalmente as reivindicacións que están a motivar as mobilizacións que se están levando a cabo.

- Rexeitamos o novo anteproxecto de Lei educativa recentemente presentado.

- Estamos en completo desacordo con calquera recorte que se realice na educación pública.

   No que atinxe á convocatoria do XOVES 18, ANIMAMOS a todas as familias á participación non enviando os nenos e nenas á escola e asistindo ás mobilizacións ás que poidan asistir (comunicaremos en canto se coñeza os lugares e horarios onde se realizarán).

 

Un saúdo Xunta directiva da ANPA Apóstolo Santiago.



page | by Dr. Radut