Skip to Content

blogue deadmin

Listaxe definitiva de axudas libros de texto e material Curso 2019 -2020

12/07/2019

Está exposta no centro a listaxe definitiva de axudas e libros de material para o curso 2019-2020.

Coincide coa provisonal publicada na  Web .

Pódense pasar recoller os vales ao logo da vindeira semana ou no mes de setembro.

Relación de libros de texto e material didáctico para o curso 2019-2020

20/01/2019

Publícase a relación de libros de texto e meterial impreso para o curso 2019-2020.

Como se indica na mesma é recomendable non adquirilos ata o inicio das actividades lectivas.

Listaxe provisional de axudas libros de texto e material Curso 2019-2020

10/07/2019

Achégase a listaxe provisonal de axudas de libros de texto e material para o curso 2019-2020.

O día 11 será publicada a definitiva e entre os días  12 e 19 de xullo pódese pasar polo centro para recoller os vales.

De non  facelo nestas datas  recollereranse en setembro.

 

 

Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos Curso 2019-2020

07/05/2019

No arquivo adxunto figura a relación de alumnado admitido  e non admitido para o vindeiro curso 2019-2020. O periodo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

O CEIP Apóstolo fai unha película

00/00/

   Unha representación de cada clase colaborou nun fermoso proxecto interxeneracional:

   O proxecto consistía en facer unha película de forma conxunta con persoas que viven na residencia de maiores do noso barrio, a Residencia Porta do Camiño.

A revista do cole - Curso 2015/2016

00/00/

 

Podedes consultar a revista do cole premendo aquí

A revista do cole - Curso 2015/2016

00/00/

 

 

Podedes consultar a revista do cole pinchando aquí

Letras Galegas no CEIP Apóstolo Santiago

20/02/2016

      No CEIP Apóstolo Santiago tamén honramos a Manuel María e á súa obra:

     Houbo dúas sesións de contacontos a cargo de Ana Carreira (que coñeceu personalmente a Manuel María) e un intervalo musical.

     Podedes ver as fotos da xornada a continuación.

     A primeira sesión era para os máis pequechos de infantil, 1º e 2º:

    

 

    

     Despois desta sesión viñeron todos os rapaces do cole e houbo un intervalo musical a cargo dos alumnos de 2º e 4º:

    

 

   

 

 

 

     Os que quixeron puideron acompañar cantando:

    

 

 

      Os nenos de 2º e 4º agradeceron moito a atención prestada e o acompañamento:

    

 

     A 2ª sesión estaba orientada ó alumnado de 3º a 6º.

     Foi unha sesión interactiva na que se rachou coa cuarta parede e todos acabaron sendo personaxes de conto:

     

 

     

 

     

 

       Ademáis de no salón de actos, no resto do cole respirouse Manuel María grazas ós fermosos murais sobre a súa obra elaborados pola coordinadora de Dinamización da Lingua Galega e polas aulas de infantil:

 

     

     

    

   

  

 

 

    

 

   

Aí ven o maio de frores cuberto

00/00/

Nenos e nenas de distintas idades confeccionaron o maio do Apóstolo Santiago coas plantas achegadas polas familias :

 

O Maio en proceso:

Visita ó CIFP Politécnico (5º e 6º)

22/01/2016

 Na visita ó CIFP Politécnico, os alumnos de 5º e 6º tiveron a ocasión de coñecer cómo se forman algunhas das persoas que producen os bens e servizos que consumimos. 

 Este é o resumo da nosa visita:

 - Recibimento por parte do equipo directivo

 - Charla informativa do orientador do centro

 - Presentación audiovisual por parte do responsable dunha grande empresa do municipio (FINSA)

 - Descanso e refrixerio na cafetería do centro

 - Visita ó viveiro de empresas 

 - Percorrido guiado por aulas e talleres

 - Despedida e agasallos

 

 Algunhas fotos da xornada:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut