IMOS DE ROMARÍA!

DÍGOCHO EU NO SAMAÍN!!!

Como sabedes, o pasado mércores 30 de novembro celebramos o Samaín na nosa escola. 

Unha das actividades que levamos a cabo foi o obradoiro do DÍGOCHO EU, no que o alumnado de primeiro ciclo signou palabras relacionadas co Samaín e co outono, grazas á axuda de Rosa, a intérprete do centro. 

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o fixeron!!!

 

BENVIDXS A ESTA ANDAINA DA Iª ROMARÍA DA PEDRA!

BENVIDXS A ESTA NOSA NOVA ANDAINA: A Iª ROMARÍA DA PEDRA!!

Comezamos aquí un novo percorrido na nosa aventura escolar; o PROXECTO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA EN DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA: “IMOS DE ROMARÍA!!”

Pretendemos con el unha dobre finalidade; insuflar amor e alento a esta nosa lingua que esmorece por falta de afecto e facer confluír os dous grandes temas cos que a nosa escola ten este ano unha cita ineludible: O TEATRO E A TRADICIÓN ORAL POPULAR ENCARNADA NAS NOSAS PANDERETEIRAS DE ONTE E DE HOXE!

Comezamos agora, neste primeiro trimestre unha primeira fase do proxecto, que consistirá na investigación sobre as romarías, as pandereteiras de onte e de hoxe, as letras das coplas que cantaban e a súa evolución ao longo do tempo; xs dramatirgxs galegxs que escriben para nenxs...

Para este proceso de investigación e das seguintes fases do proxecto, tomamos como referencia a escolla que cada titoría fixo da “personaxe” (polbeirxs, gaiteirxs, pandereteirxs, titiriteirxs, xs do cantar de cego...) que ha representar na romaría  que celebraremos xunto con toda a comunidade educativa a final de curso.

Trátase de compartir  a riqueza colectiva que implica posuír unha lingua propia, a ledicia de festexala; pero, tamén, o compromiso de traballar  polo ben común, de formar parte dunha cidadanía activa, dunha sociedade orgullosa do seu, dunha mocidade políglota, competente, sabedora do seu potencial e capaz de innovar.

COMEZAMOS!!

 

Distribuir contido