CHARLA DO CLUBE CORREDOIRAS

Dentro das actividades programadas polo proxecto AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS o alumnado de 4º, recibimos a visita de tres membros do clube de Atletismo de Bueu, Corredoiras.

Esta visita foi posible grazas a Luis Becerro, pai da nosa compañeira Lía,  que viu acompañado de Manolo Otero, membro fundador do clube e por Ricardo Verde, actual presidente de Corredoiras e ademais concelleiro de deportes do Concello de Bueu.

 

Manolo empezou falándonos sobre a historia do atletismo. Díxonos que correr, saltar e lanzar eran actividades que realizaba o ser humano dende a prehistoria para cazar e sobrevivir. Falounos tamén das olimpíadas da antigüedade e das modernas.

 

Tamén nos contou que é un deporte individual e que o deportista compite sempre consigo mesmo, intentando superarse.

 

Foi despois a quenda do papi de Lía.

 Luis foi mostrándonos a través dunha serie de imaxes o que que fan no clube Corredoiras.  Organizan competicións como a de Ons, Udra, San Martiño, …

 

Tamén van, como clube, a carreiras  en distintos lugares como Leiro, Vilagarcia, …

 

Falounos dos valores do deporte:

 

 Tenacidade

 

Superación

 

Compañerismo

 

Esforzo ...

 

Contounos que practicar o atletismo é moi sacrificado  para el e para a súa familia porque se pasa moitas horas adestrando. Pola contra este deporte permitiulle coñecer a moita xente e diferentes lugares.

 

Gústalle ir ás maratóns e adoita facelo unha vez ao ano.

 

O maratón de Sevilla rematouno cunha marca de 2 horas e 30 minutos!  UNHA MARCAZA!

 

Mostrounos as zapatillas coas que corre. Puidémolas tocar e comprobar que eran moi lixeiras.

 

 

Regaláronnos camisetas, unhas tazas, asinaron autógrafos e sacáronse unha foto con nós. Que mais queremos!

Desta charla motivadora esperamos que saian moitxs deportistas,  pois todo o que nos aporta é positivo.

MOITÍSIMAS GRAZAS!