Visita da protectora do Morrazo
Hoxe estabamos todos moi ilusionados coa visita da PROTECTORA DO MORRAZO, e ao fin, viñeron a visitarnos con dous canciños!
Trouxemos unha morea de agasallos para eles, e en canto chegamos, foron a olisquealos, sabían que eran para eles!
Ao principio estaban un pouco nerviosos tamén, pero deseguida se acurrucaron nos brazos da profe Ana e a adoptaron!
O centro é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1993 coa finalidade primordial da defensa e protección dos animais mediante a recollida de cans abandonados e promover a súa defensa mediante campañas de concienciación, divulgación, e a xestión do refuxio.
A súa actividade principal é o coidado, a todos os niveis, dos animais que viven no refuxio para conseguir que todos elles se sintan queridos e seguros ata que consigan unha familia que os adopte de forma responsable e lles asegure un futuro feliz e unha vida digna.
Recordáronnos que non son xoguetes, que pasan a formar parte da nosa familia e como tal, necesitan coidados e moitísimo cariño. Tamén nos avisaron que a adopción dos cans require dun coñecemento amplio dos adoptantes e do que será o novo fogar dos animais. Tratase de lograr satisfacer as necesidades de ambos e que a relación que comeza sexa definitiva. Porque todos elles necesitarán un tempo e diñeiro para os seus coidados e para os seus paseos. Son os nosos amigos, pero tamén a nosa responsabilidade!
É importante a castración para evitar moitas enfermidades e reproduccións non controladas e é obligatorio poñerlles un chip, por se se perden, poidan devolvelos ás súas familias.
Ao final, tiveron unha sesión de aloumiños e tenrura! Canta emoción!
Non podemos rematar sen agradecer a todas as familias que participaron cos seus agasallos para a protectora.
Aquí deixamos o enlace da protectora: https://www.morrazocan.com/
O curso que ven, iremos a visitalos á protectora!