APRENDEMOS METEOROLOXÍA!!
APRENDEMOS METEOROLOXÍA!!
A de cousas que aprendemos...!!
As últimas dúas semanas do mes de xaneiro aprendemos a diferenza entre “tempo cronolóxico” e “tempo atmosférico”.
O certo é que desde o comezo do curso, cada mañá, ao facer “as rutinas” no noso “almanaque móbil”, observamos ambos tempos (os días da semana, os do mes, os meses do ano; as estacións, se chove, se vai vento, se está o día solleiro...); pero non sabiamos que en realidade houbese unha ciencia chamada METEOROLOXÍA que os estudase!
Así que, un día a profe apareceu cunha caixa de cor azul cunha inscrición na tapa que dicía “CAIXA METEOROLÓXICA” e explicounos que durante dúas semanas xs alumnxs de 1º seriamos xs responsables de tomar nota dos cambios meteorolóxicos que se producisen na nosa vila!!!!!
Para iso, debiamos acceder á caseta meteorolóxica, que se atopa nunha zona do patio dxs maiores. Como era a primeira vez que iamos, acompañounos a PROFE MARTA, que nos ensinou cales eran os diferentes instrumentos e aparellos que alí se gardan e como deberiamos empregalos para facer as medicións nos días vindeiros.
Explicounos o funcionamento do termómetro, o barómetro, o higrómetro e dunha especie de vaso un pouco raro que había colgado por fóra chamado pluviómetro!
No termómetro debíamos fixarnos en tres datos:
· A temperatura mínima correspondente a esa madrugada.
·A temperatura máxima, que sería a do mediodía anterior e
·A temperatura “actual”, a que había no momento (un frío...!!)
AH! E unha vez que as anotabamos naqueles papeliños tan raros, debiamos pulsar un botón sobre o cal aparecía a palabra “clear” para que se borrasen os datos do día anterior e puidese rexistrar os seguintes.
No barómetro tiñamos que fixarnos no número que sinalaba a agulla (indicaba a “presión atmosférica”) e fixarnos se no “debuxiño da esfera” apuntaba máis cara o sol ou cara a chuvia.
Tamén na esfera do barómetro aparecía o marcador do “higrómetro” que sinalaba a porcentaxe de “humidade” que había no aire.
Despois de tomar nota de todos eses datos, debiamos dar unha volta arredor da caseta meteorolóxica e comprobar se o “pluviómetro” contiña auga, o cal sería indicio de que chovera. Pero ata o último día non houbo sorte!!! En dúas semanas, apenas caeron unhas pingas!!!
Unha vez feitas todas as comprobacións, acudiamos ao corredor da biblioteca onde está O PANEL DA METEOROLOXÍA: “O TEMPO MADE IN BUEU” e alí deixabamos rexistrada toda a información que anotaramos.
A PROFE CRIS facía as veces de reporteira gráfica e facíanos fotos mentres nós desenvolviamos o noso labor de meteorólogxs!!!
MOITAS GRAZAS, PROFES MARTA E CRIS,
POLA VOSA AXUDA!!!
XA ESTAMOS DESEXANDO QUE NOS VOLVA TOCAR !!