24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Na nosa escola, ara conmemorar o día das Bibliotecas escolares realizamos unha actividade moi chula que consiste en apadriñar e amadriñar lectores. Ao alumnado de 1º de primaria tocoulles facer de madriñas e padriños do alumnado de 4º de infantil, os máis cativos da escola. A súa actividade consistiu en facer un percorrido polo bibliocastelo e presentalles a Papirus, a mascota da nosa biblioteca. Ao comezo, os pequenos e pequenas estaban un pouco asustados, pero co agarimo compañeiros e compañeiras máis grandes foron coñecemdo os diversos recunchos da biblioteca. Despois todos xuntos sentaron na nunha alfombra e escoitaron a historia de Papirus e viron unha animación do conto "A abelliña que perdeu as ás" narrado polo alumnado de 3º. Para finalizar, todos xuntos cantaron a canción de Papirus. Cremos que van visitar máis amiudo o bibliocastelo.
Agora tócalles aos nenos e nenas de 1º recibir aos seus padriños e madriñas que será o alumnado de 4º, cal será a sorpresa!
Que bonita sesión de contacontos realizaron os nenos e nenas de 4º! Representaron dous contos: OS TRES OSOS e O MOSQUITO, os cativos de 1º gozaron moito e estiveron moi atentos.
O alumnado de 1º tamén agasallou a Papirus no día do seu aniversario cuns debuxos onde lle contaban a visita que fixeron a Granxa escola Serantellos, pois eles saben que a Papirus lle gustan moito as historias.
Ademais, decoraron o marcapáxinas que Papirus acostuma a entregarlles polo seu aniversario para que guien as súas lecturas.