blogue deGoretti Cordeiro

BENVIDA

Estimadas familias:

Benvidos-as a un novo curso no que retomamos a normalidade de anos anteriores. Este ven condicionado pola implantación en 1º, 3º e 5º de Primaria da nova lei educativa, a LOMLOE, o que suporá cambios para todos-as. Neste curso, o proxecto de centro a traballar ao longo de todo o ano será o Xogo, co lema "Moito máis que xogo". Con el pretendemos descubrir, experimentar, practicar e atopar todo aquilo que nos poden aportar os xogos no proceso de ensino-aprendizaxe. E sen máis comezamos un curso cheo de sorpresas lúdicas que esperamos que sexa para todos-as como un xogo de nenos-as.  

Na parte de abaixo no arquivo adxunto, deixamos información sobre a área de Educación Física e normas de funcionamento xeral relativas as nosas clases.

                          Os-as mestres-as de Educación Física.

Benvida

Estimadas familias:

Benvidos-as a un novo curso no que retomamos a normalidade de anos anteriores. Neste, o proxecto de centro a traballar ao longo de todo o curso será o Xogo, co lema "Moito máis que xogo". Con el, pretendemos descubrir, experimentar,, en  todo aquilo que nos poden aportar os xogos  no proceso de ensino-aprendizaxe.

No adxunto deixamos información sobre a área de Educación Física e normas de funcionamento xeral relativas as súas clases.

Esperamos que este curso sexa para todos-as como un xogo de nenos-as.

                          Os-as mestres-as de Educación Física.

Información e material E, Física

Estimadas familias:

Benvidos-as a un novo curso no que retomamos a normalidade de anos anteriores. Neste, o proxecto de centro a traballar ao longo de todo o curso será o Xogo, co lema "Moito máis que xogo". Con este proxecto pretendemos descubrir, todo aquilo que nos poden aportar os xogos  no proceso de ensino-aprendizaxe.

No adxunto deixamos información sobre a área de Educación Física e normas de funcionamento xeral relativas as súas clases.

Esperamos que este curso sexa para todos-as como un xogo de nenos-as.

                          Os-as mestres-as de Educación Física.

SAÍDAS Á NATUREZA

Para rematar este curso e coa chegada do bo tempo, animámonos a realizar fóra do centro diferentes andainas pola contorna.

Disfrutamos da senda do río Bispo, onde ademais de exercitar os músculos das nosas pernas, tamén descubrimos algo máis sobre a vexetación propia da zona.

Algúns fomos para arriba cara a Portela e atopamos polo camiño siñais que nos indicaban que iamos polo bo camiño.

Outros fomos para baixo cara o centro de Bueu e fixemos unha parada técnica no campo da Estacada.

Cos nenos/as de 2º de Primaria fomos ata á praia da Bando do Río, onde disfrutamos xogando todos xuntos dunha xornada diferente. 

 

 

E con isto dimos por rematado o curso. Gozade destas merecidas vacacións e esperámosvos a todos/as o vindeiro curso para seguir explorando as posibilidades do noso corpo.

Os-as mestres-as de Educación Física.

BENVIDA Ó CURSO 2021-22

                                             

Estimadas familias:

Benvidas a un novo curso no que o noso centro celebrará o 50º ANIVERSARIO da súa creación. Como xa sabedes, a situación da pandemia aínda que mellorou non nos permite unha normalidade completa, polo que continuaremos aplicando as medidas do PROTOCOLO COVID que podedes consultar na páxina web do centro ou neste enlace. Tamén  tedes na icona do clip un arquivo adxunto coa información sobre o MATERIAL e NORMAS de funcionamento xeral relativas a nosa área.

Esperamos que entre todos-as sexamos quen de facer deste curso un ano digno da súa celebración.

                                                     Os mestres de Educación Física

ORIENTACIÓNS E.FÍSICA CURSO 2020-21

Benvidos-as a un novo curso un tanto diferente no que todos-as teremos que adaptarnos a unha nova realidade, marcada polas instrucións recollidas no protocolo Covid elaborado polas autoridades sanitarias e educatrivas. No arquivo adxunto deixamos algunhas orientacións e o material específico de E. Física.

            Bo comezo de curso para todos-as.

EDUCACIÓN FÍSICA NO CONFINAMENTO

Estamos xa na última semana desta nova NORMALIDADE que nos tocou vivir debido ó COVID-19. Grazas ao ESFORZO de todos-as conseguimos chegar ao final e rematar este curso un tanto diferente. AGRADECER a tódolos-as NENOS-AS e tamén as súas FAMILIAS o interese en seguir as propostas semanais de EDUCACIÓN FÍSICA e esforzarse en poñerse ao día nas novas TECNOLOXÍAS coas dificultades que iso supuxo. Na seguinte presentación déixovos un resumo das TAREFAS realizadas ao longo destas semanas. Espero que vos GUSTE e agora toca descansar. Preme na imaxe para ver a presentación.

 BO VERÁN

EDUCACIÓN FÍSICA ( 27-30 abril)

Ola rapaces-as e familias comezamos unha semana nova e supoño que xa aproveitaríades para dar un paseo non máis aló dun kilómetro das vosas casas. No adxunto que aparece debaixo está a proposta de Educación Física para esta semana que a partir de agora aparecerá colgada dentro das ACTIVIDADES COVID na vosa TITORÍA.

Ánimo e a seguir movéndose.

Un bico

EDUCACIÓN FÍSICA ( 27-30 abril)

Ola rapaces-as e familias comezamos unha semana nova e supoño que xa aproveitaríades para dar un paseo non máis aló dun kilómetro das vosas casas. No adxunto que aparece debaixo está a proposta de Educación Física para esta semana que a partir de agora aparecerá colgada dentro das ACTIVIDADES COVID na vosa TITORÍA.

Ánimo e a seguir movéndose.

Un bico

EDUCACIÓN FÍSICA (20-24 abril)

Ola rapaces-as para comezar con bo pé esta segunda semana nada mellor que un pouco de actividade para manternos en forma. Déixovos un arquivo adxunto coas propostas e tamén o meu enderezo electrónico ( gorettic@edu.xunta.es) por si queredes enviarme algún comentario ou suxestión.

Ánimo, xuntos e activos na casa o conseguiremos.

Distribuir contido