ENTROIDO 2022

Durante os últimos días de febreiro e comezo de marzo celebramos o Entroido na escola. Durante toda a semana fixemos o mandadiño levando diferentes disfraces (entre eles o do tradicional mascalleiro) e o venres cada un chegou disfrazado da súa casa como quixo.

Despois, no patio dos maiores, xuntámonos para amosar os nosos disfraces desfilando por clases e finalmente cantando todos xuntos e xuntas a canción Son de Bueu da comparsa "Vou nun Bou".

Ademais, durante eses días fixemos un traballo de investigación sobre o Entroido en Bueu. Cada equipo tiña que investigar sobre un tema distinto:

- A historia do Entroido en Bueu.

- As datas máis importantes.

- As comparsas.

- As receitas típicas do Entroido.

Unha vez recompilada toda a información, reunímonos por equipos para realizar unha posta en común e un mural coa información máis relevante. Aquí podedes ver como traballamos e o resultado da investigación.

 

Vemos aquí aos nenos e nenas de 2ºA compartindo os seus traballos e esforzos para elaborar un mural sobre o Entroido de Bueu con todo o material de investigación que trouxeron á escola.