Blogues de E. Primaria

COÑECEMOS A MARTIÑO, O CORVO MARIÑO E O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

 

COÑECEMOS A MARTIÑO, O CORVO MARIÑO,

 E A SÚA CASA, O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Este mércores recibimos unha visita interesantísima!! Veu Ana, unha bióloga do Parque Nacional das Illas Atlánticas para presentarnos a Martiño e contarnos a súa historia!!

Ademais, tamén fixemos varios xogos e puidemos aprender unha morea de cousas que non sabiamos!!!

MARTIÑO É UN CORVO MARIÑO, denomínase así porque no mar atopa o seu alimento e na auga pasa voa parte do seu tempo. Cando lle apetece pousarse na terra faino, sobre todo nas rochas dos cantís.

O seu fogar teno nos acantilados do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que está formado por varias illas; exactamente, o arquipélagosdas Illas Cíes, o arquipélago das Illas Ons e a Illa de Sálvora.

Alí viven tamén, xs amigxs de Martiño, outras especies animais e vexetais, que é necesario coidar.

Ana e mais xs sxs compañeirxs encárganse da súa protección  e de informar a todas as persoas que visitan as Illas do importante que é que respecten o hábitat destes seres vivos.

MOITAS GRAZAS, ANA!!! ENCANTOUNOS APRENDER CONTIGO!!!

PINTAMOS CON ESTEBAN ACUÑA, DE TARABELOS, O MURAL DE "VIDAL, O SEN VENTURA".

 

PINTAMOS CON ESTEBAN ACUÑA, DE TARABELOS,

O MURAL DE “VIDAL O SEN VENTURA”

E, como xa imaxinabamos que había suceder,

FOI UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!!!!

Lembrades que o 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía e Esteban Acuña, veunos  contar a historia de Vidal, O sen ventura”, montado nun monociclo?

O luns, día 7, tivemos a sorte de sermos xs primeirxs en pintar a parte que nos correspondía!! Mirade que ben o pasamos!!!!


E que sorte tivemos!!!!, porque logo, choveu varios días seguidos e a rapazada das outras clases, tivo que agardar a que mellorase o tempo.

Pero pagou a pena a espera, porque o resultado final foi espectacular!!!!

 

MOITAS GRAZAS, ESTEBAN!!!! QUEDOU PRECIOSO!!!!

ENCANTOUNOS PARTICIPAR!!!

EXPOSICIÓN DE ESCULTURA DE RAMIRO AGULLA

   O pasado xoves 17 de marzo, visitamos a Sala de exposicións Amalia Domínguez Búa, onde poidemos gozar da exposición de esculturas do noso veciño de Bueu, Ramiro Agulla.

   Co título "Folerpas de papel caen devagar sobre fachos prendidos", o autor suxeriunos un contido cheo de emocións e sentimentos encontrados, no que gracias a súa explicación sobre o que quixo reflexar, poidemos adentrarnos un pouco nese mundo, creado cunha instalación na que cada anaco, animaba a formar parte dela. Non faltaba detalle, e mesturando os elementos de luz, espacio, música, materiais e escultura, pasamos a formar parte da obra, no tempo real que estivemos alí admirándoa.

   Poidemos aprender moitas cousas deste grande artista, que contestou todas as nosas preguntas, e explicounos dunha manera sinxela, o que pretendeu mostrar coa súa obra de arte.

    Esta exposición estará todavía dispoñible durante todo o mes de marzo, para todo aquel e aquela que queira visitala. Animádevos!

   Foi unha experiencia xenial! Grazas por compartila con nós!

 

 

OBRADOIRO DE RADIO 4ºB

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O mércores pasado, celebrouse o día de Rosalía de Castro. Por primeira vez este ano, e despois de 185 anos do seu nacemento, cambiou a data do 24 de febreiro, despois da investigación da filóloga Sagrario Abelleira, que averiguou, que a escritora naceu o 23 de febreiro e non o 24 como ata o de agora pensábamos.

Os días previos a data sinalada estivemos facendo diferentes actividades, e aprendendo moitos datos sobre a súa biografía e os seus libros.

Tivemos a sorte de contar coa visita ao colexio de Esteban, de Tarabelos, que co seu monociclo e o seu kamisibai, amenizounos a xornada, contándonos un relato do libro "Cantares Gallegos", "Vidal o Sinventura". Ademais propúxonos facer debuxos na aula, relacionados co conto, para que o 9 de marzo, podamos pintalos no muro do patio do colexio, e que quede reflexada a arte tan grande que posúe o noso alumnado. 

Ademais cantamos o poema de "Has de cantar", da adaptación de Uxía, incluído no disco de "Rosalía Pequeniña", que fomos aprendendo os días anteriores. No seguinte video podedes ver imaxes que mostran o ben que o pasamos conmemorando a nosa escritora Rosalía de Castro!!!

 

 

       

 

Día Internacional da Muller e da nena na ciencia

O 11 de febreiro, os rapaces e rapazas de terceiro conmemoramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademáis para favorecer a igualdade de xénero.

Primeiro, tiveron que realizar unha búsqueda sobre as mulleres galegas científicas. Despóis, puxemos todos os datos en común e por último realizamos un comecocos para poder xogar e aprender.

Quedoulles xenial!

ILLAS ATLÁNTICAS

O martes 2 de febreiro, Ana, unha monitora do Parque Nacional marítimo-terrestre das ILLAS ATLÁNTICAS, desprazouse ata o noso centro para achegarnos a eses arquipélagos e poder coñecelos mellor.

Comezou presentándonos os catro arquipiélagos do Parque Nacional e os fondos mariños que rodean as illas. Despois, falamos das plantas e dos animais que habitan o Parque e vimos uns vídeos que nos gustaron moito.

Pero o que máis nos chamou a atención foi a caixa coas pegadas que deixan as diferentes especies polo parque, e especialmente unha pel de serpe longuísima: era case tan longa coma Ana! E esa serpe deixouna atrás porque mudara e fíxose aínda máis grande.

Gustounos moito a actividade, e entendemos a importancia de coidar a nósa contorna e en especial ese Parque Nacional onde viven tantas especies de animais e plantas.

Moitas grazas pola visita e por achegarnos a ese paraíso.

 

 

O BANCO DA AMIZADE

Neste mes de xaneiro, o noso centro compartiu un proxecto de convivencia, inclusión, respeto, amizade, comprensión, soños, valores e amor : O BANCO DA AMIZADE.

Este banco especial atopouse nos diferentes patios para que se sentaran nel os rapaces e rapazas que tivesen algún problema, ou os que quixeran contar algo, ou simplemente necesitaran algo de compañía...

O resto dos rapaces estaban atentos para poder axudar e aportar a súa amizade e o seu cariño aos compañeiros que o necesitaban.

A actividade foi recibida con moito entusiasmo e eses recreos fixéronse moi curtos!

De volta á clase, realizamos unhas actividades por equipos.

 

PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Este mércores 2 de febreiro, recibimos a visita de Suso, que nos estivo contando moitísimas cousas das Illas Atlánticas. 

O Corvo Mariño Cristado mostrounos (nunha presentación), por que se chama así o lugar onde vive e contounos en boca de Suso, que é un Parque Nacional, e falounos do único que hai en Galiza formado por:

-Arquipélago de Cortegada

-Arquipélago de Salvora

-Arquipélago de Ons (formado por Ons e Onza) e 

-Arquipélago de Cíes.

Aínda que é marítimo-terrestre, a superficie marina

protexida e dun 86% e a terrestre é dun 14%.

Falounos das súas partes e contounos datos interesantes sobre cada unha:

-Praias e dunas

-O mato 

-Cantís e 

-Os bosques.

Tamén soubemos os peixes que habitan nos FONDOS DE AREA (peixes planos, como a raia, o rodabaio, o lenguado e o rapante); e os que habitan os FONDOS DE ROCHA E ALGAS (onde hai bosques de algas pardas onde se esconden os peixes dos depredadores camuflándose das lubinas, polvos e róbalos, para sobrevivir).

Foi moi interesante saber máis das especies que habitan estas illas!

A continuación Suso propúxolles un xogo de adiviñas ao alumnado, dándolle unha lámina cunha imaxe e unhas pistas, para que situaran a especie autóctona que lles tocou en diferentes hábitats, na praia (píllara, pulgas de area, feo de duna), nos cantís (corvo mariño crispado, herba de namorar, líquenes), na matogueira (lagarto arnal, chasca, toxo), no bosque (choupín, vacaloura), nos fondos de rochas e de alga (mexilóns, percebes, centolas, polbo) e nos fondos de area (choco, ameixa, rodabaio...). Aprendimos unha chea de curiosidades sobre eles.

Ata lles deu un pequeno agasallo aos nenxs.

No seguinte video pódese ver o atento que estivo todo o alumnado, polo interesante que resultou a actividade.

Foi xenial! Grazas.

 

      

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado domingo celebrouse o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, e conmemorámolo no colexio o venres 28 de xaneiro deste ano 2022.

Por primeira vez neste curso reunímonos todo o alumnado e profesorado de primaria no patio cuberto, para cantar xuntos as cancións de "RUMBA DAS APERTAS" de Magín Blanco, Gaudi Galego, Usía Pedreira e Uxía Senlle e "IMAGINE" de John Lennon, que previamente estivemos aprendendo e practicando nas aulas.

 

   

 

   

 

 

 Tamén elaboramos un mural conxunto na entrada da escola, no que cada aula elexiu un símbolo e continuou o lema da paz "MEDRAMOS XUNTOS E XUNTAS NA PEDRA CANDO..." Nas seguintes imaxes se pode ver o sentir do alumnado, e o que para eles é importante para seguir adiante convivindo sen violencia cos seus compañeirxs e continuar o camiño COMPARTINDO en PAZ.

 

 

                              

 

        

 

          

 

           

 

            

 

                  

 

               

 

                                            

 

E co gallo do 50 aniversario do colexio, quixemos deixar a nosa pegada nos corredores do colexio, lembrando os valores cos que se consegue a paz día a día, e que queremos construir na nosa escola, para medrar xuntos e CONVIVIR EN PAZ¡¡¡ 

 

 

 

  

 

  

 

 

        POR OUTROS 50 ANOS MEDRANDO EN PAZ¡¡¡

 

Distribuir contido