Inicio de Sesión

Saídas

Xogade. Xornadas de deporte escolar

Boas, un ano máis participamos no programa de "Xogade" organizado pola Consellería de Deporte. Este ano como en anos anteriores xogamos co CEIP Unión Mugardesa, CEIP de Franza e CPI Conde de Fenosa (Ares). Trátase dunha serie de xornadas deportivas non competitivas, cuio obxectivo final non é competir senon participar e divertirse a través do xogo.

Podedes ver todas as fotos das xornadas na Galería de fotos.

Deixámosvos aquí algunhas delas.

 

VISITA EUME-MOECHE

A través da asociación euroeume, realizamos unha saída para visitar a zona eume- castelo de Moeche.

O alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria visitou o Museo Etnográfico da Capela, a Casa do  Mel de Goente e viron un muiño de trigo en funcionamento.

Os do 2º e 3º ciclo tamén visitaron o Museo Etnográfico da Capela, dende alí comezaron unha ruta a pé que os levaría ata os muiños do Parque tnográfico de Sasín, para rematar a xornada cunha visita ao Castelo de Moeche, co visionado dun curtometraxe no que se rememora a revolta irmandiña.

Tedes todas as fotos da xornada na GALERÍA

 

EUMEOLIMPIADAS

Este ano, como en anos anteriores, participamos nas "Eumeolimpiadas" organizadas polo Servixo de Deportes do Concello de Pontedeume. Nesta ocasión como novidade tamén participaron os rapaces do 2º ciclo.

Foi unha xornada para compartir experiencias co resto dos centros do Concello.

Aquí tedes alugunhas fotos das actividades desenvolvidas, o resto están na galería de fotos.

 
 

Xogando ao Atletismo

No Pasado mes de abril participamos nunha xornada de iniciación ao atletismo "XOGANDO ao Atletismo", Organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Colaboración coa Consellería de Educación, dentro do programa  "XOGADE".

Nesta Ocasión participou o Alumnado do Hacen 2 º ciclo de Primaria e compartimos esta xornada co alumnado do "CPI Conde de Fenosa" de Ares e o "Unión Mugardesa CEIP" de Mugardos.

Aquí tedes algunhas Imaxes do Evento, para velas TODAS visitade a galería de fotos, premendo no seguinte enlace GALERÍA.

 

Deporte en Idade Escolar

DEPORTE EN IDADE ESCOLAR 2º CICLO.

Seguindo co programa XOGADE, o pasado 21 de decembro de 2009 o alumnado do 2º ciclo de primaria commezou a súa participación, neste caso co CEIP Santiago Apostolo de Franza. A continuación tedes algunhas fotos da xornada.

Para ver o resto de fotos premede no seguinte enlace: FOTOS

 

DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Deporte en Idade Escolar.

Un ano máis comezamos no primeiro trimestre  do curso a nosa participación no programa "XOGADE" (Deporte en Idade escolar), organizado pola Secrataría Xeral para o Deporte en colaboración coa Consellería de Educación.

Como en anos anteriores participamos co alumnado do 2º e do 3º  ciclo de primaria, competindo co "CPI Conde de Fenosa "de Ares o "CEIP Santiago Apóstolo" de Franza e o "CEIP Unión Mugardesa" de Mugardos.

O alumnado participará nos seguintes deportes: Futbol-sala, baloncesto, balonmán e boleivol.

A idea destas xornadas non é tanto competitiva coma de relación e de intercambio de experiencias cos centros do noso entorno.

Aquí tedes algunhas imaxes da primeira xornada en Mugardos, onde o noso alumnado de 5º de primaria se enfrentou aos nenos do CEIP Santiago Apostolo de Franza.

O resto das imaxes as podedes ver na nosa galería ou premendo no seguinte enlace: FOTOS

Eumeolimpiadas

Este ano, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, participamos nas "Eumeolimpiadas". Xornadas de deporte organizadas polo Concello de Pontedeume.

As actividades se realizan en dous días, un participa 5º e outro día 6º. son dous xornadas de convivencia, a través do deporte, co resto de centros do Concello.

 

Deporte na escola

Cool Slideshows

 

É unha actividade polideportiva-cultural, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte (Dirección Xeral para o Deporte) en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación universitaria. é unha actividade totalmente gratuita para o alumnado e para o centro.

Esta actividade divídese, no que respecta o noso centro, en dúas categorías:

  • Categoría A: Equipos mixtos co alumnado de 3º e 4º de Primaria.
  • Categoría B: equipos mixtos co alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Participamos en diversas probas como son: Badminton, Baloncesto, balonmán, futbol sala e un xogo cultural (con sinxelas preguntas culturais adaptadas as idades do alumnado). Ademais haberá unha xornada de atletismo e natación e unha xornada de clausura con xogos populares (zancos, chapas, a rá, bolos), batuca, esgrima, tiro con arco, baile,...

Educación Física

Dporte 

 DEPORTE NA ESCOLA 2008/2009

TERCEIRO CICLO

Un ano mais participamos no programa "Deporte na Escola" que como sabedes e unha  actividade polideportiva organizada pola Consellería de Cultura e Deporte en colaboración coa Consellería de Educación.

O pasado 6 de novembro comezamos a nosa participación no terceiro ciclo de Primaria (categoría B), en Mugardos contra o CEIP Santiago Apostolo de Franza.

Na galería podedes ver todas as fotos da actividade, aquí podedes ver soamente alugunha mostra delas.

 

 

SEGUNDO CICLO

O alumnado do 2º ciclo comezou a súa participación no programa "Deporte na Escola" o pasado 28 de novembro, no pabillçon "A Casqueira" de Pontedeume, xogando co CEIP Santiago Apostolo de Franza, Mugardos.

Aquí tedes algunhas das fotos da xornada. Na Galería tedes o resto.

Create Your Own  

 

 

O CEIP de Andrade participa, como complemento a asignatura de Educación Física, en diversas actividades deportivas: