Dinamización biblioteca

Dicionario da Real Academia Galega

Sabiades que xa están no dicionario da Real Academia Galega, palabras como Coronavirus, Covid 19, asintomática ou asintomático (que non ten síntomas), teletraballo (traballo a distancia), webinario (presentación interactiva transmitida a través da web), desconfinamento (saír dun estado de confinamento), desescalada (proceso de recuperación da normalidade)  ou resiliencia (capacidade de adaptación a situacións adversas)?

Preme na imaxe para velas

 

 

.

Ricardo Carvalho Calero

Naceu en Ferrol no 1910. Foi mestre, filólogo, escritor e estudoso da nosa cultura. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, Catedrático de Lingua e Literatura Galega e membro da Real Academia Galega. 

Para os pequenos da casa... 

 

A editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas, nesta ocasión dedicado a Ricardo Carvalho Calero. As miñas primeiras Letras Galegas é unha colección de comics dos Bolechas no que cada volume está dedicado a un homenaxeado/a o Día das Letras Galegas. 

Nesta obra faise unha adaptación-introdución duha das súas obras: "Scórpio".

Podedes acceder ao seu contido premendo na imaxe.

 

Por outra banda, a editora Lela achéganos a vida de Ricardo Carvalho Calero en formato cómic.

Unha lectura moi amena e interesante cunha serie de actividades ao final que nos axudan a afondar na obra deste gran persoeiro.

Podedes atopalo xa nas librerias físicas e online.

 

 

Tamén escribiu poemas, obras de teatro, narrativa ou ensaio (Historia da literatura Galega Contemporánea, obra na que traballou 10 anos) 

Aquí podedes ver as portadas dalgúns dos seus libros

 

Maio, mes das flores

OS MAIOS

Os maios é unha festa popular de orixes ancestrais na que se despide o inverno e se celebra a chegada da primavera. En Galicia celébrase habitualmente o 1º de maio ou o día 3 de maio (día da Santa Cruz), que na tradición cristiá representa a árbore da que nos veñen a vida, a saúde e a resurrección.

A festa consiste en realizar unha escultura con herbas e  flores e cantar unhas coplas tamén chamadas maios. As persoas tamén adoitan adornarse con coroas, colares, puseiras feitas de flores.

Nós non imos elaborar ningún maio pero gustaríanos que para celebrar este mes das flores nos enviedes (ao voso titor ou titora) fotos de flores que teñades nas vosas casas en maceta ou na horta, co seu nome en galego (galego normativo ou como se coñeza pola zona). Con todas as fotos faremos un álbum que será publicado na galería de fotos do centro.

Se coñecedes algunha copla das que se cantaban antigamente, tamén podedes achegalas para elaborar unha pequena escolma.

 

 

 

 

XXI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O Salón do Libro retoma a súa actividade adoptando un formato virtual

 

 

 

  • Logo de pechar as portas o pasado xoves 12 por mor do Coronavirus, a organización atopou unha alternativa para favorecer tanto á cativada como ao sector cultural

 

  • A partir de hoxe mesmo e nas próximas semanas o Salón compartirá no seu Facebook, Instagram e web diferentes contidos: expos virtuais, contacontos e obradoiros.

 

  • As publicacións terán lugar cara ás 12:00h. ou 12:30h. pola mañá e 17:30h. ou 18:00h. pola tarde
  • Salón do Libro Virtual

 

 

Vídeos lendo

 

No seguinte ENLACE tendes os vídeos que subíchedes lendo para celebrar o Día Internacional do Libro celebrado o pasado 23 de abril.

Contrasinal: libro

Xogo de contos, contos para xogar

OLA MOUCHIÑOS E MOUCHIÑAS!!!!

Hoxe Merlín preparouvos un xogo chulísimo para que comprobedes canto sabedes sobre contos e personaxes de contos. 

Animádevos a xogar!!! Para entrar só precisades dun clic no seguinte enlace. 

Veña!! Demostra cantos contos liches!!!

Xogo de contos

Día Mundial do Libro

Mouchiños e Mouchiñas, que tal estades? 

O 23 de abril é o Día Mundial do Libro. Sabedes por que se elixiu esa data? Pois elixiuse en conmemoración do pasamento de tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, Wiliam Shakespeare e Garcilaso de la Vega en 1616.

Dende a biblioteca convidamos a todos e a todas a investigar quenes eran estes escritores e cales son as súas obras máis coñecidas.

Ademais preparamos un video onde engadimos a Lingua de Signos aos títulos dalgúns contos. Esperamos que vos guste!!

Moita saúde e felices lecturas de abril!!!

Video

Día do libro. Lendo contos.

Mouchiños e mouchiñas!!! 

O vindeiro xoves 23 de abril conmemoramos o Día Internacional do Libro. Para celebralo queremos convidarvos a facer unha pequena lectura dun libro que vos guste, que estedes lendo, que vaiades ler...

No video non tedes que sair vós, só a imaxe do libro e a vosa voz lendo un anaquiño.

Enviade os vosos videos aos titores ou titoras. Felices lecturas de abril!!!

     
       

Abril, mes do libro

Mouchiños e mouchiñas!!! Bo día a todos e a todas!!!

O noso amigo Merlín, que está de corentena na biblio do cole, quixo mandarnos unha mensaxe. E como el está só e non sabía como facelo, encargoullo a alguén moi especial. Premede na imaxe para ver o vídeo.

 

Préstamo de obras en formato electrónico

Non tés carné de biblioteca? Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.