5º Curso
Obradoiro de Eco Percussion
Enviado por A Maía o Lun, 02/03/2020 - 5:18pmObradoiro de Percusión
Recentemente o grupo Eco Percussión ofreceunos a posibilidade de facer un obradoiro de percusión no colexio. Como os alumnos e alumnas de 5º nivel estabamos coñecendo este trimestre a familia de percusión a través dos instrumentos nas distintas culturas, seguindo o libro dixital da editorial Netex, pensamos que o taller que nos propoñían era ideal para complementar o que estabamos a aprender. Así, como estudamos, vimos e coñecemos a batucada en Brasil, e os folións ou fulións en Viana do Bolo, Manzaneda e Trives como manifestacións típicas do Entroido, pensamos que que mellor que completar isto cunha práctica de percusión no Entroido. Por iso pedimos aos músicos de Eco Percussión que o taller se desenvolvera durante a semana na que se celebraba o Entroido no colexio.
Así os días xoves 20 e venres 21, Edgar e Didier trouxeron todo o material que iamos necesitar. Cada grupo tivo a súa clase correspondente. Todos moi atentos pero partícipes, atendíamos ás indicacións do percusionista que nos dirixía. Practicamos ata que conseguimos que o que nos propoñía Edgar nos saíra ben. Tamén na clase de música, fixemos un pequeno ensaio da exhibición que faríamos no patio do colexio para o resto dos compañeiros e compañeiras dos distintos cursos do colexio.
O venres 21 celebrabamos o Entroido no noso colexio e, xa disfrazados todos, saímos ao patio e xunto con Mercedes, que tamén quixo participar con nós, fixemos unha breve actuación para os nosos compañeiros/as para así ter a nosa propia batucada, charanga ou folión, como se queira entender. O asunto é que aprendemos moito, nos divertimos e o pasamos xenial. Grazas a Eco Percussión por esta experiencia que agardamos se poida repetir!
Excursión 5º de Primaria á Fervenza do río Toxa
Enviado por A Maía o Dom, 23/06/2019 - 3:08pmPodedes ver as fotos da excursión dos alumnos de 5º a Fervenza do rio Toxa premendo neste enlace ou na GALERÍA DA WEB.
5ºB. Composicións de Outono
Enviado por A Maía o Lun, 05/11/2018 - 12:24amOs alumnos de 5ºB deixáronse levar pola súa imaxinación e fixeron estas composicións de Outono empregando follas, froitos secos, paos...
Jorge interpretando coa armónica para 5º e 6º
Enviado por A Maía o Dom, 24/06/2018 - 9:41pmJorge, o profesor de música, interpretou para os rapaces de 5º e 6º varias cancións coa armónica. Entre elas esta peza da banda sonora composta en 1952 por Victor Joung para a película "O home tranquilo" de John Ford.
Excursión dos alumnos de 5º a A Coruña
Enviado por A Maía o Mér, 20/06/2018 - 1:04am O día 12 de xuño os alumnos e alumnas de 5º fixeron unha excursión á cidade da Coruña. Visitaron a Torre de hércules, o Monte San Pedro (coa cidade ao fondo na foto). Noutra foto están diante do obelisco. Visitaron o Museo de Ciencia e Tecnoloxía onde subiron á cabeza dun avión Boeing 707. (Para ver as fotos en grande premede nos ficheiros adxuntos). E para ver máis fotos da actividade entrade na Galería.
Tamén fixeron actividades de grupo.
Saída de 5º: Museo de Historia Natural e SGAE
Enviado por A Maía o Sáb, 10/03/2018 - 2:46amO venres, 23 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º de primaria fixeron unha saída ao Museo de Historia Natural, o Luis Iglesias, en Santiago. Ao rematar, foron á SGAE, á Praza do Obradoiro e á Porta Santa, na Praza da Quintana. Por último, antes de volver ao autobús para regresar ao colexio, descansaron nun parque de Vista Alegre.
Nesta presentación tedes algunhas fotos da saída e o texto redactado pola alumna Inés Peña. Premede na imaxe para abrila.
No Pazo do Faramello
Enviado por A Maía o Mar, 16/01/2018 - 1:24amAínda que con algo de retraso queremos completar unha entrada anterior da visita dos alumnos de 5º ao Pazo do Faramello.
Neste PDF tedes algunhas das fotos realizadas durante a visita ao Pazo co xardín do recordo e ao seu entorno.
Punto de Igualdade
Enviado por A Maía o Lun, 27/11/2017 - 12:25amDentros dos actos pola igualdade e contra a violencia de xénero que se realizan no Concello de Ames, está a creación dunha Biblioteca sobre o tema, que foi presentada, entre outras, pola directora do Centro de Información á Muller de Ames (CIM), María Teresa Arufe. Con esta iniciativa que se chama PUNTO DE IGUALDADE búscase promover a través destes libros o respecto, a igualdade e a seguridade en si mesmas das alumnas e alumnos do Concello para que sexan capaces de cambiar o mundo no que viven. |
(no PDF adxunto están recollidas algunhas fotos da presentación)
Saída de 5º pola contorna
Enviado por A Maía o Sáb, 18/11/2017 - 11:51pm
Este curso o Centro vai a tratar de elaborar o proxecto "Proxectando en verde" levado a cabo dende o Equipo da Biblioteca en colaboración co de Normalización e co resto dos Equipos Dinamizadores do centro.
Para elo o alumnado de 5º de Primaria fixemos unha saída a contorna onde traballamos os seguintes puntos:
-Bosque autóctono e foráneo
-Muíños do rego de Ameneira
-Recuperación da vexetación no monte de Lamiño (queimado no ano 2010).
- Aldea de Castrigo (fonte, muíño,...)
Elaboramos un traballo e recollemos mostras para seguir traballando neste tema na aula.
AVISO REUNIÓN 5º DE PRIMARIA
Enviado por A Maía o Mar, 06/09/2016 - 8:58amÁs familias do alumnado de 5º
Os profesores titores de 5º de primaria convocan unha reunión informativa conxunta sobre o curso E-DIXGAL.
A continuación haberá unha reunión en cada titoría para tratar distintos temas de interese.
DATA: 12 DE SETEMBRO
HORA: 16:30
LUGAR: BIBLIOTECA DO CENTRO
Un cordial saúdo
Os titores de 5º