Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, e tendo en conta a Orde de 18 de decembro de 2020, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento de admisión do alumnado, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
As solicitudes presentaranse no centro de orixe (CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso) ou por Sede Electrónica.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación "admisionalumnado".
Os impresos de solicitude son os que aparecen nos ficheiros adxuntos.