Skip to Content

Secretaría

RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN 2020-2021

Reábrese o prazo de presentación de novas solicitudes de admisión

O alumnado que xá está matriculado no centro non necesita facer solicitude, a súa matriculación é automática. 

Recomendamos acudir ao centro coas medidas de protección adecuadas e pedindo CITA PREVIA no tlf. 988 783 047

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 11 ao 18 de maio
PRAZO DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA dos criterios do baremo: ata o día 26 de maio de 2020
PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL de alumnado admitido e non admitido: 8 de de xuño
PRAZO DE RECLAMACIÓN: 9, 10 e 11 de xuño
EXPOSICIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS de alumnado admitido e non admitido: 26 de xuño
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: do 1 ao 10 de xullo de 2020

ACORDOS CECOP 5-5-20

 

Procedemento para activar "abalarMóbil"

As familias que aínda non dispoñan de abalarMóbil poden descargala e activala seguindo as instrucións

que atoparán no seguinte enlace: abalarMóbil:Guia rápida para familias.

INFORMACIÓN SOBRE A SEGUNDA AVALIACIÓN

Seguindo instrucións da Consellería, procederemos a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma, polo que as notas poranse en función dos instrumentos de avaliación (exames, traballos de aula…) dispoñibles antes do 13 de marzo. As cualificacións publicaranse por AbalarMóbil o día 3 de abril.

As familias que aínda non dispoñan de abalarMóbil poden descargala e activala seguindo as instrucións que atoparán no seguinte enlace: abalarMóbil:Guia rápida para familias.

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2019-2020: AMPLIACIÓN DE PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Como consecuencia da suspensión da actividade lectiva nos centros, amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

INSTRUCIÓNS SOBRE O PERIODO DE PECHE PARA PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS

De acordo coas instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional suspéndese a actividade lectiva no centro entre o 16 de marzo (luns) e o 29 de marzo (domingo).

Esta suspensión afecta tamén ao servizo de comedor, ao servizo de transporte, ao servizo de madrugadores e ás actividades extraescolares.

Durante este periodo a información ás familias transmitirase a través da páxina web do centro e/ou  a través de abalarMobil. 

Pola súa banda, a comunicación centro-familias realizarase por via telefónica ou a través de correo electrónico e de abalarMobil.

O profesorado do centro publicará na Aula Virtual, a partir do próximo 16 de marzo, propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.  Á Aula Virtual accédese dende a páxina web do centro.

PECHE DE CENTROS EDUCATIVOS COMO PREVENCIÓN CONTRA O CORONAVIRUS

Segundo información difundida polos medios de comunicación, e á espera de recibir confirmación oficial por parte da Consellería de Educación, os Centros Educativos permanecerán pechados, e polo tanto sen actividade lectiva, a partir do próximo luns, 16 de marzo, e por un periodo de 14 días. 

Para o venres, 13 de marzo, recoméndase que os alumnos e alumnas non asistan aa colexio. Sen embargo, se as familias, por imposibilidade de buscar outras alternativas, se visen obrigados a enviar aos seus fillos e fillas á escola, deben saber que estes/as estarán atendidos/as sen problema por parte do profesorado.

Distribuir contido


by Dr. Radut