Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2020-2021: PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Dende o día 1 e ata o día 20 de marzo estará aberto o prazo oficial para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso 2020-2021.

Dado que o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso ten autorizado como día non lectivo o 20 de marzo, o prazo ampliarase ata o 23 de marzo, sempre e cando a solicitude sexa presencial neste centro. Na sede electrónica o prazo será ata o 20 de marzo.

Nas seguintes ligazóns atópanse os formularios de solicitude de admisión, así coma diversa información sobre todo o proceso de admisión.

Formulario de Solicitude de admisión (en galego)

Formulario de Solicitude de admisión (en castelán)

Instrucións sobre o proceso de admisión

Calendario completo do proceso de admisión

Resolución do sorteo anual de letras para o proceso de admisión

Vacantes no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso (a data de 28 de febreiro de 2020)

Documentación a presentar coa solicitude de admisión

Tríptico informativo sobre o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2020

Xornada_portas_abertas

 

Estas xornadas enmárcanse dentro do Proceso de Admisión de Alumnado para o curso 2020-2021, con un calendario que vai dende o mes de febreiro ata o mes de xullo, e no que destacan as seguintes datas:

1.- Reserva de praza para os institutos aos que o noso centro está adscripto (IES Otero Pedrayo e IES Universidade Laboral): do 1 ao 15 de febreiro.

2.- Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo. Afecta a:

- Alumnado que quere solicitar praza no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso (xa sexa sen escolarización previa ou que proveña doutros centros educativos).

- Alumnado que fixese a reserva de praza nun dos IES aos que está adscripto o noso centro e que non obtivese praza.

- Alumnado do noso centro que desexe cursar a ESO nun IES ao que o noso centro non esta adscripto.

3.- Formalización da matrícula

- Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria.

- Do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria.

25 de novembro: Dia internacional contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro, o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso quere manifestar o seu compromiso pola igualdade absoluta entre homes e mulleres así como a tolerancia cero ante calquera tipo de violencia contra a muller.

 

Recuperamos tamén o Traballo "As Irmás Mirabal", realizado no IES Lucus Augusti, que nos axudará a entender mellor a orixe da conmemoración deste día.

 

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Dia autismo 19

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro, domingo, celébrase coma tódolos anos O Dia contra a Violencia de Xénero. Dende o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso queremos chamar a atención sobre esta lacra que nos golpea cada ano con demasiada frecuencia sumándonos ás campañas de concienciación paravisualizar este problema.

 

Sen ningún xénero de dúbida. Non. (Xunta de Gañicia)

Del chiste a la violación (El País)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut