Skip to Content

Secretaría

PRAZO PARA A MATRICULACIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Recórdaselle ás familias con fillos/fillas que foran admitidos/as neste centro para cursar estudos de infantil ou primaria no próximo curso 2021-2022, que deberán matriculalos na secretaría do centro no prazo comprendido entre o 20 e o 30 do presente mes de xuño.

Nos anexos que aparecen debaixo poderán atopar diversa documentación relacionada co proceso de matriculación:

  • Carta de presentación ás familias.
  • Documentación necesaria a presentar no momento da metriculación.
  • Impreso de matrícula.
  • Diptico explicativo do servizo Abalar Mobil para familias.
  • Documento de autorización para uso de imaxes.
  • Comunicación da lingua materna.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

O arquivo adxunto que aparece ao pé contén a lista de libros de texto que se utilizarán no centro o próximo curso 2021-2022 en cada un dos cursos, tanto de educación infantil como de educación primaria. Poden consultarse ou descargarse.

O mesmo listado está exposto tamén no taboleiro de anuncios do colexio.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

 

 

 

 

 

 

 

 

 

eeeee

Dende o 21 de maio ao  22 de xuño está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar, para o curso 2021-2022.

 

Nos seguintes ligazóns pódese consultar toda a información:

 

1. Circular informativa

2. A Orde completa publicada no DOG do 20 de maio

3. O acceso á sede dixital para presentar telemáticamente.

4. O acceso á aplicación fondolibros para xenerar a solicitude.

5. O impreso de solicitude para imprimir e cubrir manualmente:

6. O cálculo da renda per cápita (con respecto á Renda 2019)

7. A documentación obrigatoria a presentar.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021

Dende o 14 de maio de 2021 están publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso para o curso 2021-2022.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte a esta publicación.

Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

 

Nota: Co obxectivo de evitarlle ás familias viaxes innecesarias ao centro, comunícase que estas listaxes definitivas coinciden exactamente coas listaxes provisionais publicadas no seu día, dado que non se produciron reclamacións no prazo establecido.

2 DE MAIO: DIA INTERNACIONAL CONTRA O BULLYING OU ACOSO ESCOLAR

O acoso escolar é cousa de todos.

Todos contra o acoso escolar.

 

 

PUBLICACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

O venres, 23 de abril, expoñeranse publicamente, no taboleiro de anuncios do centro, as listas de alumnado admitido e de alumnado non admitido no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso, para o próximo curso 2021-2122.

Publicadas as listas, ábrese un prazo de 5 días naturais para a presentación de reclamacións ante a Dirección do Centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut