Skip to Content

CURSO 2022-2023

Deixando pegada contra a violencia de xénero-25N

Baixo o lema Deixando pegada contra a violencia de xénero, o próximo venres 25 de novembro, invitamos a toda a comunidade educativa a unha andaina solidaria pola contorna de A Barquiña  contra a violencia de xénero. Sairemos sobre ás 10:30 horas do centro percorrendo aproximadamente 1,5 km. 

Para este día traeremos vestido algunha prenda coa cor violeta ou negro (camiseta, xersei, pano, lazo....).

 

Unha vez de volta no centro, todos os participantes cantaremos xuntos a canción “Salir corriendo” de Amaral. 

No caso de choiva, a andaina suspenderase e as actividades que se fagan o redor desta conmemoración serán  para o alumnado e profesorado do centro.

Animádevos a deixar a vosa pegada!!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022.

CONVÓCANSE AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. Nesta circular podedes ver toda a información relativa ao proceso electoral no noso centro

 

.

Podedes descargar o orixinal deste documento no adxunto.

 

 

Ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022

Informamos que, no Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Esta resolución recolle o seguinte:

1º- Aquel alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria ó que se lle concedeu a axuda por valor de 50€ (para a adquisición de material/fondo libros), ten dereito a un novo vale polo importe de 25€.

2- Non é preciso presentar unha nova solicitude para ser beneficiario desta axuda, ao tratarse dunha ampliciación da convocatoria anterior.

3- Este novo vale será recollido polas familias no centro educativo a partir do 17 de outubro do 2022 e debe facerse efectivo nas librarias antes do 1 de decembro do 2022. 


Para máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38234

Att. O Centro.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS MATERIAL COMEDOR ESCOLAR - CONCELLO

O Concello de Noia informa:

Xa está publicada a resolución provisional de axudas a material escolar e comedor. Aquelas persoas solicitantes poden consultala información relativa a estas axudas no propio Concello.

Atte. a dirección.

BENVIDA AO INICIO DO CURSO 2022/2023 - REUNIÓNS COAS FAMILIAS

Estimados pais e nais:

En primeiro lugar, desde o noso CEIP, queremos darvos a benvida a un novo ano académico de parte de todo o profesorado que conforma o claustro do noso centro. 

Antes de comezar coas clases, gustaríanos compartir un momento convosco para que nos poidamos coñecer un pouquiño e explicarvos como imos a levar este curso 2022/23, que dará comezo o día 8 de setembro para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos) e educación primaria

día 9 de setembro comezará o alumnado de educación infantil (3 anos), segundo o establecido no periodo de adaptación, que abranguerá ata o 16 de setembro.

 

Por esta razón, coidamos que é importante convocarvos ás reunións coas diferentes titorías onde as familias serán informadas de diversos aspectos organizativos do noso centro.

Estas reunións levaránse a cabo en dous días para evitar as aglomeracións.

Pregamos só asista un PAI/NAI/TITOR ou REPRESENTANTE LEGAL por cada un dos nosos alumnos é alumnas.

Ó chegar ao centro, cada titor/a irá facendo un chamamento para dirixirvos ás aulas de cada unha das reunións.

 

As quendas e horarios que temos pensado son as seguintes:

 

6 SETEMBRO
4º INFANTIL (3 ANOS)                        edificio E. Infantil  16:30                   
5º INFANTIL (4 ANOS)   edificio E. Infantil  16:30
6º INFANTIL (5 ANOS) edificio E. Infantil  16:30
3º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 17:30
5º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria    18:30

 

7 SETEMBRO
1º EDUCACIÓN PRIMARIA                   edificio E. Infantil  16:30                   
2º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 16:30
4º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 17:30
6º EDUCACIÓN PRIMARIA edificio E. Primaria 18:30

 

Sen máis, desexarvos novamente un bo inicio de curso para toda a nosa comunidade educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut