Informamos que, no Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Esta resolución recolle o seguinte:
1º- Aquel alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria ó que se lle concedeu a axuda por valor de 50€ (para a adquisición de material/fondo libros), ten dereito a un novo vale polo importe de 25€.
2- Non é preciso presentar unha nova solicitude para ser beneficiario desta axuda, ao tratarse dunha ampliciación da convocatoria anterior.
3- Este novo vale será recollido polas familias no centro educativo a partir do 17 de outubro do 2022 e debe facerse efectivo nas librarias antes do 1 de decembro do 2022.
Para máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38234
Att. O Centro.