Estimados pais e nais:
En primeiro lugar, desde o noso CEIP, queremos darvos a benvida a un novo ano académico de parte de todo o profesorado que conforma o claustro do noso centro.
Antes de comezar coas clases, gustaríanos compartir un momento convosco para que nos poidamos coñecer un pouquiño e explicarvos como imos a levar este curso 2022/23, que dará comezo o día 8 de setembro para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos) e educación primaria.
O día 9 de setembro comezará o alumnado de educación infantil (3 anos), segundo o establecido no periodo de adaptación, que abranguerá ata o 16 de setembro.
Por esta razón, coidamos que é importante convocarvos ás reunións coas diferentes titorías onde as familias serán informadas de diversos aspectos organizativos do noso centro.
Estas reunións levaránse a cabo en dous días para evitar as aglomeracións.
Pregamos só asista un PAI/NAI/TITOR ou REPRESENTANTE LEGAL por cada un dos nosos alumnos é alumnas.
Ó chegar ao centro, cada titor/a irá facendo un chamamento para dirixirvos ás aulas de cada unha das reunións.
As quendas e horarios que temos pensado son as seguintes:
6 SETEMBRO | ||
4º INFANTIL (3 ANOS) | edificio E. Infantil | 16:30 |
5º INFANTIL (4 ANOS) | edificio E. Infantil | 16:30 |
6º INFANTIL (5 ANOS) | edificio E. Infantil | 16:30 |
3º EDUCACIÓN PRIMARIA | edificio E. Primaria | 17:30 |
5º EDUCACIÓN PRIMARIA | edificio E. Primaria | 18:30 |
7 SETEMBRO | ||
1º EDUCACIÓN PRIMARIA | edificio E. Infantil | 16:30 |
2º EDUCACIÓN PRIMARIA | edificio E. Primaria | 16:30 |
4º EDUCACIÓN PRIMARIA | edificio E. Primaria | 17:30 |
6º EDUCACIÓN PRIMARIA | edificio E. Primaria | 18:30 |
Sen máis, desexarvos novamente un bo inicio de curso para toda a nosa comunidade educativa.