Skip to Content

Deixando pegada contra a violencia de xénero-25N

Baixo o lema Deixando pegada contra a violencia de xénero, o próximo venres 25 de novembro, invitamos a toda a comunidade educativa a unha andaina solidaria pola contorna de A Barquiña  contra a violencia de xénero. Sairemos sobre ás 10:30 horas do centro percorrendo aproximadamente 1,5 km. 

Para este día traeremos vestido algunha prenda coa cor violeta ou negro (camiseta, xersei, pano, lazo....).

 

Unha vez de volta no centro, todos os participantes cantaremos xuntos a canción “Salir corriendo” de Amaral. 

No caso de choiva, a andaina suspenderase e as actividades que se fagan o redor desta conmemoración serán  para o alumnado e profesorado do centro.

Animádevos a deixar a vosa pegada!!



story | by Dr. Radut