Aprezadas familias, Dende AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá) e GAT (Federación Española de Asociaciones de Profesionales de Atención Temprana) temos a posibilidade de participar o vindeiro 15 de Abril o DIA DA ATENCIÓN TEMPERÁ por vez primeira. En Galicia, invítanos a participar a familias, profesionais e demais a un acto lúdico de sensibilización na Praza do Toural de Santiago de Compostela ás 18:00. O evento que terá unha hora de duración, incluirá a lectura dun manifesto elaborado polo GAT en común para todo o territorio español, seguido das consideracións correspondentes a Galicia. Programa de Actos: - 18:00 Presentación e inicio dunha instalación artística en grupo. - 18:05 Obradoiro familiar de xogos bailados por Bea Díaz. - 18:25 Lecutra do manifesto por Guadi Galego - 18:40 Actuación musical por Manoele de Felisa. - 20:00 Final da instalación artística e despedida
¡Moitas grazas!
|
|||