FACENDO CAMBIOS NO PATIO

No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos tratando de reformar o patio. Este último non só enriquece o espazo exterior do centro, senón que tamén permite a cohesión social, a creación de novos vínculos... 

O patio é o lugar onde se reúnen os nenos e nenas ao longo do día. Por este motivo, intentamos propoñer espazos nos que convivan grandes e pequenos, aprendendo así a coidarse e a respectarse.

As novas mesas de experimentación e manipulación foron un reclamo para os alumnos e as alumnas de tódalas idades.

Por outra banda, as mesas redondas convidan a organizar pequenos picnics.