EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O Clube Balonmán Xiria acaba de enviarnos o dossier detallando a excursión de fin de curso a Madrid, dirixida ao alumnado de 6º de EP. Dito documento figura como adxunto, co cal podedes descargalo.

A viaxe, nun principio, sería desde o 26 ata o 30 de xuño, cun custe aproximado de 450 euros. Como todos os anos, aos rapaces e rapazas facilitaráselles unha serie de talonarios, con rifas, para axudarlles no custe desta saída.

Para poder falar cos organizadores sobre dita viaxe, pasámosvos o seu contacto:

balonmanxiria@gmail.com
administracion@balonmanxiria.com

O clube estimou como prazo para inscribirse ata este mércores 14 de decembro, para que así os rapaces e rapazas poidan ter as rifas para poder vendelas nas vacacións de Nadal.

 

O link para inscribirse é o seguinte:

 
Se o estimades oportuno, tamén se podería desenvolver unha reunión nas instalacións do centro coa responsable da excursión.
AdxuntoTamaño
Excursión Madrid 2023.pdf1.79 MB