TEMPO DE ENTROIDO: MANDADIÑOS DO MECO

O Entroido xa está chegando e pese á situación na que estamos inmersos procuraremos celebralo do mellor xeito posible.
Como cada ano, ao longo desta semana o Meco solicitaralle ao alumnado que cumpra cos seus mandados e así dar comezo á festa rachada. Cada día desta semana (ata o mércores)  recibiredes unha mensaxe por abalarmóbil informándovos do que se debe traer. Recordade que os mandadiños son acumulativos.


Empezamos:


Chegou o señor Meco
ao colexio da Cristina.
Todo o mundo atento para cumprir cos mandadiños!


Para luns:
Para a semana empezar,
se ao colexio elegante queres vir
algo posto no pescozo debes vestir.

Para martes:
A semana de Entroido imos continuar,
e todo mundo na cabeza
un adorno ten que levar.

Para mércores:
Que divertida esta semana!
Pois para vir ao cole aínda mellor
trae un zapato de cada cor!.

Para xoves:
Hoxe o noso Meco mandón
pide que veñamos cos calcetíns
por riba do pantalón.

 

Tamén queremos compartir con vós esta cantiga do Entroido que a nosa conserxe ANA inventou especialmente para nós!!!!! A nós parécenos fantástica!!! Pulsade na imaxe para escoitala!!!!!!

 

 

AdxuntoTamaño
Ana cantiga de Entroido.mp31.15 MB