Vexamos algúns consellos para facer máis efcientes as videoconferencias:
Comproba
Valora crear subgrupos ou silenciar audio e vídeo cando o alumnado non precise emitir, con esto poderemos mellorar a calidade da reunión. Estes servizos son moi sensibles á calidade das liñas e ao tráfico entre operadores.
Organízate
- Vixía a iluminación da sala, o teu aspecto, accede dende o principio con auriculares e lembra que non precisas expoñerte constantemente.
- Dependendo do equipo e do sistema operativo que estés a usar podes compartir escritorio e incluso cadernos onde facer apuntamentos.
- Se vas a utilizar unha folla de papel busca rotuladores de grosor e soportes para a cámara.
- Non compartas recursos multimedia dende a plataforma, facilita os recursos previos na aula virtual para que o alumnado non acuda en branco ás reunións.
3, 2, 1 ... Acción
- Envía a convocatoria da reunión: data, hora, número de reunión e contrasinal a través de medios privados e seguros (a aula virtual, espazoAbalar, etc).
- Valora a puntualidade.
- Recomenda auriculares a todos os participantes sempre antes de acceder á sala.
- Que non vexas a todos simultáneamente, non significa que non estean presentes; emprega a frecha na zona de xanelas para acceder a todas as imaxes.
- Tenta que participen todos, con turnos de preguntas ao principio e ao final (neste tipo de docencia é fácil descolgarse).
Problemas?
- Nos equipos E-Dixgal descarga o paquete de actualización do navegador (podes facelo desde aquí).
- Se te escoitas dobremente con eco, pode ser porque un alumno ou alumna teña accedido á sala con dous dispositivos simultáneamente.
- Se non atopas o correo de activación do servizo ou caducou, ponte en contacto coa Unidade de Atención a Centros: uac@edu.xunta.es.
Algunha dúbida?
- Canle de YouTube EspazoAbalar
- https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais/servizo-de-videoconferencia
- Unidade de Atención a Centros: uac@edu.xunta.gal (para problemas técnicos).
- Asesor abalar de zona